Nova Xestión e Cisne estrean a nova cancha do Anexo dos Remedios

1

 

[alert type=»success»]

O Anexo dos Remedios estrea faciana tras renovar o pavimento, gradas e calefacción cun investimento de 214.000 euros por parte do Concello

 

  • O chan de máxima calidade absorbe mellor os impactos e protexe os deportistas, reducindo o risco de lesións.
  • As canchas acollen 300 deportistas diarios en adestramentos e partidos de baloncesto, balonmán, fútbol sala, mini-básquet, voleibol e bádminton.

[/alert]

 

A cancha anexa do Pavillón dos Remedios acolleu o primeiro partido tras a súa reforma. Os equipos de balonmán Novaxestión Pavillón de Ourense o Cisne Los Sauces de Pontevedra mediron as súas forzas nun encontro que permitiu estrear as obras realizadas polo Concello de Ourense, cun investimento de 214.397,10 euros, e executadas pola empresa Mondo Ibérica S.A.

O Anexo dos Remedios foi construído en 1989 coas dimensións e características fundamentais coas que conta na actualidade. Cáseque tres décadas despois, cambiouse a superficie de xogo, substituíndo o linóleo asentado sobre taboleiros de madeira por un pavimento deportivo de alta calidade en absorción de golpes, fricción e uniformidade. Cambiáronse as gradas telescópicas para incluír unhas bancadas mecanizadas con asentos individuais de polipropileno, e instalouse un sistema de calefacción para atemperar o recinto evitando as baixas temperaturas que ás veces rexistra o recinto deportivo.

A obra executada ven dar unha nova vida a estas instalacións, unhas das máis utilizadas en Ourense, xa que posibilitan partidos simultáneos de diferentes especialidades. O recinto é utilizado a diario por máis de 300 deportistas de todas as idades.

O pavimento combinado está composto por dúas capas de contrachapado de madeira, sobre as que se coloca unha superficie de caucho vulcanizado., homologado como FIBA Nivel-1. O sistemas susténtase sobre uns tacos elásticos que posibilitan un equilibrio perfecto entre o retorno da enerxía, a absorción de impactos, a deformación e os botes de balón.

Precisamente a alta absorción de impactos permite a este pavimento ofrecer unha gran protección aos deportistas, reducindo así o risco de lesións. Na zona de xogo, coincidindo coas dimensións dun campo de balonmán e fútbol sala, instaláronse 399 metros de pavimento de cor azul.

O perímetro suma outros 460 metros de superficie en cor madeira. A pista pintouse tamén para baloncesto, balonmán, fútbol sala, mini-básquet, dúas pistas de voleibol e outras dúas de bádminton. Instaláronse tapas sobre as zonas de anclaxe onde, en función das necesidades, se encastra o material necesario para practicar diversos deportes.

 

Aproveitamento termal para climatización do pavillón

As gradas desmontáronse e substituíronse por bancadas mecanizadas telescópicas equipadas con 250 asentos individuais, un modelo monobloque que conta cun deseño ergonómico pechado en todo o seu perímetro para evitar a acumulación de sucidade no interior. A superficie lisa facilita a súa limpeza.

As obras de acondicionamento do anexo dos Remedios completáronse coa renovación do sistema de calefacción baixo cuberta mediante aerotermos, utilizando de novo o calor residual da piscina climatizada anexa.

Aproveitouse a alta temperatura das augas termais para facer circular o sobrante da piscina e convertelo en calefacción do pavillón. Tamén se realizaron traballos de acondicionamento, reparación e pintura.

Fotos: Carlos Domarco