Nova victoria das rapazas da UD Ourense (0-7)

0

 

Nova victoria das rapazas da UD Ourense que lles permite afianzarse na segunda praza da clasificación 

  • Están a un punto das primeiras, Portonovo SD, pero con un partido menos e con 7 puntos máis que as terceiras, Racing Vilariño, que visitan Velle na seguinte xornada, o 3 de abril as 12:00 horas

  • Moni recibiu, xunto con Senén, no Café Bar Miguel o premio doado por Galicia Deportiva, que a acredita como «Mellor xogadora do mes de febreiro»

 

 SD Amanecer: Maria Abilleira, Miriam, Carolina, Maria, Rosa, Marta, Silvia, Nikol, Alba (Tania 52′), Patricia, Romina.

UD Ourense: Bermejo, Ile (Alba Delgado 68′), Lola , Maria, Nina, Pacy, Alba, Cris Rodriguez , Noe (Alba Doallo 72′), Hele, Yani.

Goles: 0-1 Pacy min 24; 0-2 Cris Rodriguez min 38; 0-3 Yani min 53; 0-4 Pacy min 67; 0-5 Alba Delgado min 73; 0-6 Alba Doallo min 75; 0-7 Yani min 89.

Árbitro: Diego Gomez Otero. Sen amonestacions.

Incidencias: partido correspondente a 26ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo de Lampans (O Grove). 

 

A primeira metade pódese resumir dicindo que foi unha sucesión de ocasións moi claras falladas polas visitantes. Unhas veces a porteira local coas suas intervencións e outras a falta de puntería visitante evitaron que o marcador ao descanso fose de so 0-2. O 0-1 foi obra de Pacy nun rexeite que colleu dentro do área no minuto 24. O 0-2 marcouno Cris Rodríguez no 38 de falta na frontal. Polo camiño quedaron duas ocasións de Pacy, tiros de Cris Rodríguez que salvou a porteira, ocasións de Yani e Noe …  

SenényMoni
Foto: Ramsés Torres

Na segunda metade afinaron a puntería as visitantes e así Yani no 53 faria o 0-3. O 0-4 sería obra de Pacy nun saque de esquina de Cris Rodríguez que deixou pasar entre as pernas Hele para que Pacy rematase de primeiras mandando o balon pola escadra, era o minuto 67. Os dous seguientes foron obra das xogradoras que entraran como refresco, Alba Delgado faria o 0-5 no 73 e Alba Doallo o 0-6 no 75. O partido remataria co 0-7 obra de Yani na derradeira xogada do partido.

Tres novos puntos para a UD Ourense que permiten seguir na loita polo ascenso. O vindeiro partido sera o 3 de Abril no Monte da Aira ante o Racing Vilariño, que marcha na terceira posición.