[alert type=»danger»]

UD Ourense: Noe, Maria, Lola (Aida 68′), Pacy, Lo, Moni, Dana, Laura (Cae 87′), Jani (Ches 84′), Hele, Cris (Zaira 79′).

Umia: House, Carla, Jessica, Paula Dapena, Miriam, Graciela, Sandra, Aldara, Ana Maria (Eva 58′), Alba Ferre, Alba Barral (Paula Hernandez 71′).

Goles: 1-0 Hele min 17, 2-0 Hele min 24, 2-1 Alba Ferre min 49, 3-1 Cris min 53.

Árbitro: Manuel Casanova Cudeiro. Cartons amarelos nas locais a Moni (76′) e nas visitantes a Paula Dapena (76′).

Incidencias: partido correspondente a 25ª xornada da 1ª Division Feminina disputada no campo do Monte da Aira (Velle).

[/alert]

 

Resultados y clasificación

 

Sairon moi metidas as locais no partido conscientes do que se xogaban e con ganas de revancha do 4-1 do partido de ida. As visitantes tentaron presionar en campo contrario e fiar a sua sorte a enviar balons longos a Alba Ferre ou a calidade de Miriam. Non tiveron sen embargo moito éxito no seu empeño na primeira metade, e as locais, dispuxeron de numerosas ocasions ata o tempo de lecer.

So a falta de definición e a sobresainte actuacion de House evitaron que se chegara ao remate da primeira metade cun marcador mais ampro. Comezou con susto para as locais o partido, unha cesion de Pacy a Noe case entra na porteria local no minuto 5. A primeira ocasión clara das locais foi nun disparo dende fora do area de Jani, que tras petar nunha defensora, foi enviado a corner por House nunha intervencion de moitos reflexos. Pouco despois chegaria o primeiro tanto, xogada de Laura pola dereita, mete o balon dentro do area para Hele que regatea a porteira e marca.

Era o minuto 17. Pouco despois viria o golazo da maña, nova xogada de Laura pola dereita, Hele recibe dentro do area e o seu disparo dende o lateral supera a House e entra pola escadra. Eran os mellores minutos das locais. As visitantes tentaban sair con balons longos a unha Alba Ferre que foi un pesadelo toda a maña, pero que nesta primeira metade estivo moi soa. Terian duas novas ocasión moi craras Jani e pouco despois Laura, prantandose soas diante de House pero os seus disparos non atoparon porta. Nun corner tivo Hele o terceiro, pero o seu tiro dentro do area pequena chapouno de novo House. Nos derradeiros minutos chegarian duas novas ocasions, a primeira nun remate de Cris tras unha fermosa xogada de todo o equipo que se foi fora por moi pouco e a derradeira unha dobre a pes de Jani e Hele que desbaratou House moi inspirada.

 

Na segunda metade as visitantes sairon a por todas e nun erro na saida de balon das locais acurtaron distancias por medio de Alba Ferre no minuto 49. Non tardaron moito en reaccionar as locais e 4 minutos despois marcou Cris despois dunha gran xogada colectiva. A decoracion do partido trocou, pasando a ser un toma e daca entre os dous equipos no que non houbo moitas chegadas as areas.

Nas visitantes entrou algo mais en xogo Miriam e as suas conexions con Alba Ferre sempre creaban inquedanza pero non se traduciron en perigo para Noe. Tiveron duas oportunidades as locais para amriar a renda, a primeira nun centro ao que non chegou Laura en boca de gol por moi pouco e a mais clara nunha xogada de Jani pola esquerda na que entrou dentro do area e o seu remate foi enviado ao curruncho por House.

 

Victoria para as rapazas da UD Ourense que lles permite afianzarse na cuarta praza. O seguinte partido sera o vindeiro domingo en Lugo ante o Milagrosa.

 

Galería de Yedra Seara