Nova proba esta fin de semana para o Victoria F.C. da 1.ª División Nacional feminina. O conxunto compostelán, logo do seu contundente triunfo fronte ó CD Oceja (6-1) na casa, visita o domingo ás 12.15 horas ó Viajes Interrías Fútbol Femenino, colíder da categoría xunto co CD Monte, no Nuevo San Pedro Villalonga. O anfitrión suma o pleno dos 15 puntos (5 máis que as santiaguesas) despois das primeiras cinco xornadas sendo ademais o plantel que menos goles encaixou neste comezo de temporada (2).

«É un equipo moi físico, con moita calidade e moi competitivo. Está formado por un grupo de xogadoras portuguesas que son a base do  equipo que ascendeu o pasado ano a Nacional e o resto, a gran maioría , son as exxogadoras do Matamá, conxunto que ó final tivo que renunciar á praza de ascenso por cuestións económicas. Por iso é o equipo a batir este ano xunto co Dépor B», recoñece o entrenador do Victoria F.C. Chivi García.

Coas baixas confirmadas de Inés, Carlita e Anxela por culpa todas elas de escordaduras de nocellos, é consciente o adestrador compostelán que «será un dos partidos máis duros da tempada». «É un equipo moi físico, presionan moi arriba e dificultarán a nosa saída de balón», prevé.

Advirte Chivi de que «a clave pasa por ver como está o terreo de xogo». «Esta semana xogaremos en campo de herba natural e veremos como está para a práctica do fútbol.  Pese as baixas intentaremos facer unha convocatoria competitiva e sacar algo positivo da visita», engade.

Nota de prensa del Victoria FC