Federación Galega de Baloncesto, C.B. Noia e Concello de Noia, colaboradores directos na organización da «XXXI Copa Galicia Sénior Masculina», comunican a súa decisión de modificar o horario inicialmente previsto para a Final da Copa (21.00 h, domingo, 25 de setembro. Pavillón «Vila de Noia») establecéndoo, definitivamente, nas 19.30 h.

Esta resolución de cambio de hora radica na petición realizada pola maioría dos clubs participantes nesta edición da Copa Galicia, solicitando estes disputar o encontro nunha franxa de horario previa ás 21.00 h.

Agardando que este cambio permita que a xornada final da XXXI Copa Galicia Sénior Masculina siga sendo unha festa do baloncesto galego, pedimos desculpas polas posibles molestias que esta modificación poida causar nos espectadores e afeccionados.

XXXI Copa Galicia Sénior Masculina (Pavillón Municipal «Vila de Noia» – Noia)

Sábado, 24/09/16 (20:30 h) Semifinal: Leyma Basquet Coruña – Ourense Provincia Termal

Domingo, 25/09/16 (19:30 h) Final: Vencedor Semifinal – Río Natura Monbus Obradoiro