Nota de prensa de la Real Federación Gallega de Fútbol
|
Despois do éxito total e rotundo da Copa Galicia Feminina que se celebrou recentemente no Palacio dos Deportes de Riazor, un evento no que o gran triunfador foi o Burela Pescados Rubén, chega a quenda dos mozos. A competición por excelencia do fútbol sala masculino en Galicia xa ten data e lugar de celebración.
Así, a tan agardada Fase Final da XXVII Copa Galicia Masculina de Fútbol Sala disputarase no Pavillón Municipal das Pontes os próximos días 6 e 7 de maio. As semifinais enfrontarán o día 6 ao Pescados Rubén Burela contra o Santiago Futsal ás 18:30 e posteriormente disputarase a segunda semifinal entre O Parrulo Ferrol e o Noia Portus Apostoli ás 20:30. A gran final que coroará ao novo rei de Galicia se levará a cabo o martes día 7 de maio ás 19 horas. Cómpre sinalar que esta nova edición do torneo que organiza a Real Federación Galega de Fútbol conta nesta ocasión coa importante colaboración dun dos colectivos de referencia en Galicia, O Esteo Fútbol Sala. Entradas A organización establece varias modalidades de entradas para poder gozar co mello fútbol sala da nosa comunidade: -ABONO ADULTO PARA AS DÚAS XORNADAS: 15 EUROS -ENTRADA ADULTO PARA A PRIMEIRA XORNADA: 12 EUROS -ENTRADA ADULTO PARA A SEGUNDA XORNADA: 10 EUROS -ABONO JÚNIOR PARA AS DÚAS XORNADAS: 8 EUROS (nenos de 5 a 14 anos) -ENTRADA JÚNIOR POR XORNADA: 5 EUROS (nenos de 5 a 14 anos) Minicopa infantil A II Mini Copa Infantil Masculina será o 11 e 12 de maio tamén en As Pontes. |