Noia e Pontevedra reciben esta fin de semana os Campionatos de Galicia Sub20, Sub12 e Sub10

Esta fin de semana teremos tres importantes citas a nivel autonómico na axenda atlética federada.

0

Por unha banda as pistas do CGTD e baixo o patrocinio do Concello de Pontevedra acollerán o sábado e domingo tanto o Campionato de Galicia Individual Sub20 como o de Probas Combinadas da mesma categoría.

Na categoría masculina destaca a participación do velocista do Celta Roi Martínez quen tomará parte na proba dos 100 m. e dos 200 m. onde acredita este ano 10.98 e 22.31. Mesma importancia é a que asume o tamén céltico Jorge Román Leiros na proba dos 400 m. na que rexistra uns destacados 48.92.

Hugo Vázquez do Marineda nos 110 valos, Pedro Fidaku do AVA e Daniel Mato do Atletismo Santiago en xavelina, así como Hugo Suárez do Celta na proba dos 3000 obstáculos, centrarán boa parte da atención dos afeccioados e afecciodas nestas modalidades.

Na categoría feminina o máis salientable será a participación de María Bouza nos 400 m. quen con 56.46 é a única das participantes que baixa do minuto.

A Paula de la Torre da Gimnástica poderémola ver dobrando 800 m. e 1.500 m. ao igual que sobre os 3.000 obstáculos a Carmen Martínez de A Gándara, quen xa este ano conseguía baixar dos doce minutos.

O máis vibrante virá da man dos concursos na que Victoria Eiríz da Atlética Lucense estará no círculo de disco. Precisamente no outro círculo de martelo poderemos presenciar o concurso da lanzadora internacional Irene Gómez na procura de achegarse ata esos 60.17 m. cos que se atopa na actualidade de maneira moi destacada ao fronte do ranking nacional.

Interesantísimo estará o concurso de xavelina donde dúas das nosas máis prometedoras lanzadoras Paula Piñón e María Pena, ámbas do A.F.Celta, estarán loitando por un título moi igualado na que apenas dazanove centímetros é o que as separa este ano.

Para rematar na proba dos 5.000 marcha, poderemos ver a especialista do Atletismo Negreira Alba Pérez tomando a saída.

 

Campionato de Galicia de Probas Combinadas

Paralelamente a disputa deste campionato estarán concursando os Sub 20 no seu galego de combinadas na que se contará ca participación de Laura Barbazán do Millaraio na categoría feminina así como a do subcampión absoluto de pista cuberta Nicolás Arias da Atlética Lucense na categoría masculina, e de Luis García do Ames Atletismo.

Noia a capital do atletismo base

Si todo esto será o que aconteza en Pontevedra, outro non menos importante campionato é o que terá lugar en Noia este domingo.

Novamente o Concello de Noia será o anfitrión e patrocinador do importantísimo Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 que xuntará no Estadio de Atletismo de San Lázaro a un total de 619 atletas achegados e achegadas de todos os recunchos da nosa Comunidade.

Como ben sendo habitual, as medidas de seguridade marcarán unha xornada que dará comezo as 10.30 h. en xornada de mañán para os Sub12, sendo xa na segunda xornada e a partir das 16.30 h. e ata as 20.30 h., cando poderemos continuar presenciando esta gran festa do atletismo base do noso deporte de máns dos máis pequerrechos, os sub10.