Náutico de Narón e Tríatlon Boiro, campións galegos de dúatlon contro o reloxo por equipos

0

Náutico de Narón (feminino) e Tríatlon Boiro (masculino) proclamáronse hoxe en Vedra campións galegos de dúatlon contra o reloxo por equipos, no transcurso do Ocean Lava Galicia Dúatlon por equipos 2019. Foi unha xornada con magnífico ambiente, con case 600 participantes e cunhas condicións climatolóxicas perfectas para a práctica do deporte.