Narón acolle esta fin de semana a disputa do Campinato de Galicia Absoluto de Campo a través

0

 

Narón acolleu a presentación do Campionato de Galicia Absoluto Sub23 e Sub20 de Campo a través individual e por equipos que se disputará este domingo a partir das 10.30 horas no Parque Marítimo da Xuvia.

Ó acto acudiría a alcaldesa Marian Ferreiro, o Concellal de Deportes Jose Oreona, o Presidente da FGA Isidoro Hornillos e o Presidente do C.A. Narón Miguel Soto.

 

Unha proba de calidade

A esta referente por excelencia do calendario autonómico do campo a través, concurrirán un total de 253 atletas procedentes de todas as provincias e recunchos do país ca finalidade de acadar un bo posto tanto no individual como no colectivo de cara a esa loita pola clasificación por equipos.

Entre a presencia destacada de atletas figura a de Paula Mayobre do Running Pinto Seoane-Pampín quen toma parte co obxectivo de defender o ouro logrado o ano pasado en As Pontes e sumar no seu curriculu o terceiro campionato. Xunto ela estarán as medallistas do ano pasado Sandra Mosquera do ADAS Proinor e a Sub23 Iria Rodríguez da Gimnástica de Pontevedra. Atención a presenza sempre importante da internacional Esther Navarrete do F.C.Barcelona quen xa gañaría nas edicións dos anos 2015 e 2017 e a de Leticia Fernández do Valencia Esports gañadora de igual modo no ano 2018 e quen intentará mellorar ese quinto posto logrado en Fene. A venezolana Edymar Brea con ficha galega estará en postos importantes de carreira.

Na categoría masculina é baixa importante a do gañador no ano pasado Antonio Serrat, que será sustituido nas quinielas pola sempre segura aposta do subcampión galego no 2019 Manuel Hurtado da Gimnástica, estando nese grupo Iván Roade do ADAS Proinor bronce en Fene. Outros atletas que haberá que seguir moi de preto serán Rubén Diz do Ourense Atletismo, Alejo Ares do Real Club Celta, Esteban Iglesias do LUCUS C.R., Lolo Penas da A.D.Cerne ou a de Carlos Villamor do ADAS Proinor

A categoría Sub23 é a priori a que máis aberta está, poidendo estar a loita polos postos de honra entre os atletas César Otero do Olímpico de Vedra, Arturo Ramos do C.A. Santiago e a de Gerardo Alejandro Cadaya do Ourense Atletismo. Nas mulleres Irene Guerra do Comesaña e Lucía Cardesín do ADAS Proinor poderían de igual modo estar nesa terna de aspirantas.

Xa na categoría Sub20 a internacional Sara López da Escola Atlética Lucense parte como favorita para reter o título colleitado a edición pasada sendo o recén debutante na categoría e tamén internacional El Mehdi El Nabaoui do Atletismo Narón, quen asuma a condición de favorito. Xunto eles estarán na loita polos metáis o vixente campiónJorge González do Atletismo Narón, Bilal Dahmouni da Atlética Lucense e Diego Alonso Campo do C.A. Santiago. Nas mulleres será a internacional Lucía Sicre, subcampioa galega e Miriam Tojeiro do RIA Ferrol bronce, quenes darán réplica a lucense.

 

Atletas máster importantes

Entre a relación de atletas máster que figuran inscritos, atopamos a Sole Castro do Comesaña, múltiple medallista en campionatos internacionais, Pepin Rioseco do Atletismo Narón, plusmarquista mundial en distancias de medio fondo ou a de Xosé Lois Otero do Universidade de Santiago, tamén con varias medallas internacionais no seu haber.

 

Un pouco de historia

A nivel estatístico, é a internacional do Celta nos anos 80 Estela Estévez quen acumula un maior número de títulos con oito, acadados nos anos 1982, 1984, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991 e 1994. Nos homes e con seis títulos, comparten esta distinción os ateltas Estanislado Durán, Alejandro Gómez e Pedro Nimo.

 

I Trofeo Internacional Cidade de Narón

De igual modo á presentación do Campionato de Galicia, foi presentado o I Trofeo Cidade de Narón de Campo a través. Nesta proba aberta para atletas das categorías de Sub10 en adiante, haberá importantes primeiros económicos para as/os clasificadas/os nas categorías absolutas.