Murillo rescata un punto para o Celta no último minuto (1-1)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 1-1 Real Valladolid

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Murillo, Araújo, Aarón Martín, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Solari, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Real Valladolid: Roberto, Janko, Bruno, Joaquín, Lucas Olaza, Óscar Plano, Roque Mesa, Alcaraz, Orellana, Weissman e Sergi Guardiola.

Goles: 0-1, min. 69 (Fabián Orellana). 1-1, min. 93 (Jeison Murillo).

Árbitro: Medié Jiménez

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta fixo nun minuto todo o que non fixo nos 92 anteriores. En xeral o encontro dos de Coudet non foi mo bo. O Valladolid estaba atacando ata que conseguiu marcar no segundo tempo por medio de Orellana. Pero cando todo esmorecía apareceu Murillo para marcar un gran gol e rescatar un punto.

No primeiro tempo, os vallisoletanos encargáronse de presionar arriba ó Celta, que non era quen de achegarse á portería contraria. Aínda así, ambos equipos estiveron escasos de ocasións de perigo. Os pucelanos puxeron a proba a Rubén cun potente lanzamento de Weismann e os celestes tiveron unha de Hugo Mallo que saíu desviada. Ademais, Renato Tapia recibiu o quinto cartón amarelo, polo que volve cumprir ciclo de tarxetas.

No inicio da segunda metade seguiu a mesma tónica, polo que Eduardo Coudet optou por meter no terreo de xogo a Baeza (por Denis Suárez) e a Holsgrove (por Solari). Pouco despois Araújo tivo que ser substituído por unha lesión e entrou Aidoo no seu lugar. Foi entonces cando o Celta comezou a arrancar, e Aspas tivo unha boa ocasión que petou no traveseiro da portería de Roberto. Con todo, o que marcou foi o Valladolid, cun lanzamento de Orellana tras un rexeite. O resto do partido o Valladolid dedicouse a defender o resultado sendo os vigueses os que atacaban, pero sen moita fortuna. Ata que no desconto, cando os visitantes xa estaban pedindo o pitido final, Murillo anotou de cabeza o empate nunha falta lanzada por Aspas.

No último suspiro quedou un punto en Balaídos. Aínda así, este partido ten que servir ó Celta para reflexionar, xa que hai varias semanas que non se está vendo a súa mellor versión. O vindeiro partido será o domingo ante o Huesca (de novo ás 14:00), fundamental para afastarse do descenso.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander