Monforte acollerá o sábado 18 o Campionato Galego de Combate, Técnica e Freestyle

0

Este ano celebrarase nunha mesma sede e no mesmo día o Campionato Galego de Combate, Técnica e Freestyle. O Pavillón da Pinguela de Monforte de Lemos será a sede destes torneos, que se celebrarán de forma continuada o sábado 18 de xaneiro (a partir das 09:00 horas), con máis de 300 inscricións. Será a primeira proba do ano 2019, despois do parón polo Nadal, e ademais é moi importante para decidir as seleccións galegas que acudirán aos campionatos de España nas diferentes modalidades.

O torneo comezará ás 09:00 horas, coa disputa do Galego de Combate absoluto no que participarán oitenta deportistas, entre os que se atopan medallistas nacionais e internacionais, tanto na categoría masculina como feminina. Ademais contaremos don 30 árbitros para dirixir os combates.

Pola tarde (16:00 horas) celebraranse os Galegos de Técnica e Freestyle. En técnica adultos hai 180 deportistas inscritos, mentres que en freestyle son 60 e teremos 29 xuíces. Unha vez máis destacar o enorme nivel das e dos nosos taekwondistas, xa que poderemos gozar de actuacións con medallas tanto a nivel nacional como internacional.

O torneo será organizado polo club Neka en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo e o Concello de Monforte.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Taekwondo