Miguel Barreiro, campión do mundo de taekwondo praia en freestyle

0

Miguel Barreiro (Yidam) logrou proclamarse hoxe en Exipto campión do mundo de Taekwondo Praia na modalidade de freestyle + de 17 anos. Non puido comezar mellor o Mundial para o Yidam!

Miguel fixo unha competición case perfecta, cunha gran expresión, domiñando o tapiz e facendo unha interpretación musical moi superior ao resto. E iso que antes de comenzar xa se atopou cun gran problema, xa que a organización lles comunicou que o free tiña que durar 100 segundos, cando no regulamento oficial da Federación Mundial puña que era de 70 segundos. Así que en só un día houbo que improvisar 30 segundos extras e, a pesar diso, o resultado foi incríble.

Ademais, Miguel tivo que superar a uns contrincantes (dous tailandeses e dous alemáns) que, en principio, eran mellores ca el, pero pouco pudieron facer ante o gran traballo do vigués.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Taekwondo