FICHA TÉCNICA

Atlético de Madrid 2-2 RC Celta

Aliñación Atlético de Madrid: Oblak, Lodi, Giménez, Felipe, Savic, Marcos LLorente, Kondogbia, Koke, Saul, Correa e Luis Suárez.

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Murillo, Araújo, Aarón Martín, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 13 (Santi Mina). 1-1, min. 45 (Luis Suárez). 2-1, min. 50 (Luis Suárez). 2-2, 89 (Ferreyra).

Árbitro: Cuadra Fernández

Campo: Estadio Wanda Metropolitano

ANÁLISE

O Celta consegue un empate moi meritorio na casa do líder tras superar unha situación adversa. Os de Coudet comezaron o partido gañando, pero pouco antes do descanso empatou Luis Suárez. Á volta, o uruguaio volveu marcar para poñer o 2-1. Con todo, os celestes seguiron intentándoo e Facu Ferreyra anotou o empate no último minuto.

No inicio do partido, o Celta estaba a controlar. No minuto 13, Hugo Mallo deu unha asistencia por banda a Santi Mina para que este cabeceara á rede. Con merecemento, os vigueses estaban vencendo e controlando, pero o Atlético tamén está de primeiro por méritos propios e seguiu intentando igualar. Ata que na derradeira ocasión do primeiro tempo serviu a Luis Suárez para aproveitar un erro na defensa celeste e marcar o 1-1.

O segundo tempo comezou similar ó final do primeiro: cun gol de Luis Suárez. Lodi asistiu e o charrúa puxo o 2-1. A continuación, o Atlético entregou o balón ó Celta na súa táctica habitual, pero os visitantes seguiron intentando remontar. No 69, Solari entrou ó terreo de xogo por Nolito; e no 76 Ferreyra por Santi Mina. E finalmente, Facu Ferreyra, no 89, tras unha asistencia de Solari, marcou o empate.

Moi bo partido do Celta, que foi quen de plantarlle cara ó Atlético de Madrid e a Luis Suárez. Con este resultado, colócanse de décimos na clasificación con 26 puntos. O vindeiro venres, cunha marxe escasa, visita Balaídos o Elche, unha nova oportunidade para acadar a vitoria que se resiste.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander