Este domingo celebrouse o IV Campionato Galego de Augas Abertas no que foi o retorno á actividade de competición. O evento no que participaron máis de 320 nadadores pertencentes a 25 clubes galegos, disputouse no Encoro de Pontillón de Castro en Verducido (Pontevedra).
O Club Natación Escualos Campus Da Auga participou con 7 nadadores e acadou un meritorio noveno posto na clasificación de Clubes.
No Plano Individual destacar o título de Campeón Galego na categoría +45 para Jesús Carlos Quintas Barros e o terceiro posto para Josue Pazos Alonso na categoría +30.
Dende o Clube dar a enhoraboa ós sete participantes polo seu esforzo e inda máis tendo en conta a situación Actual.