- O xoven aleiro lucense, con enorme talento ofensivo, continuará a súa progresión ás ordes de Diego Epifanio
Mateo Sánchez Pérez (Lugo, 18 de xuño de 1999) é un aleiro de 1,93m. en franca progresión que chega ao Breo tras formarse inicialmente na canteira lucense do Estudiantes Lugo antes de cruzar o Atlántico para cumprir unha tempada de formación en Estados Unidos na Sunrise Christian Academy.
Nas dúas últimas tempadas xogou en Liga EBA da man do CB Chantada e Baloncesto León onde destacou, especialmente na última, como un dos mellores triplistas da categoría xogando 26 partidos cunha media de 23 minutos, 12,1 puntos cun 35% en triplas, 39% en tiros de dous, un 75% en tiros libres e 3,4 rebotes por partido
Súmase ao equipo celeste un xogador con capacidade de traballo e procura constante de mellora, en franca progresión e que traballará para achegar todo o seu potencial ao Breo da nova tempada.
Mateo é fillo do mítico xogador do Breogán Manel Sánchez, un dos nomes destacados da historia celeste.
Nota de prensa del CB Breogán