Foto: Fotocarlosfotografia.com

Marta Casanova do ADAS Proinor e Alex Fernández do Ourense Atletismo, proclamáronse no día de hoxe campións de Galicia absolutos/as de Campo a través na xornada que se viviría no fermoso circuito do paseo da Xuvia ubicado Concello de Narón.

As importates ausencias rexistradas tanto por parte de Paula Mayobre como Antonio Serrat (gañadores do ano pasado) non restarían competitividade a unhas probas absolutas que contaron con moita emoción.

Nos homes recital de Alex Fernández quen domiñaría destacadamente a súa carreira. O forte ritmo imposto dende o principio polo ourensá, foi tan só seguido nos primeiros intres polo subcampión de España de Maratón e prata o ano pasado Manuel Hurtado da Gimnástica de Pontevedra, que tería que ceder ante o gran momento de forma do gañador. O bronce foi para Alejo Ares, quen entraría por diante dun grupo importante formado por Carlos Porto (Gimnástica) Iván Roade (ADAS Proinor) e Rubén Diz (Ourense Atletismo). Con este título, o novo campión galego suma xa tres campionatos si engadimos os dos anos 2015 e 2016.

Na categoría absoluta feminina, o plantexamento da proba foi completamete distinto, xa que boa parte da mesma iría trascurrindo cun grupo de cabeza compacto formado polas principais favoritas, entre as que se atopaban a Sub23 Laura Santos (Lucus C.R.G.), Leticia Fernández (Valencia A.) Sandra Mosquera e Marta Casanova do (ADAS Proinor), Angela González (A.D.Marathon) e a venezolana Edymar Brea. Co paso das kilómetros, iríanse caendo dese grupo de cabeza todas as integrantes, e onde tan só Edymar Brea e Marta Casanova  quedaron na loita pola primera posición que finalmente correspondería a venezolana malia que o título de campioa galega foi para a atleta do ADAS Proinor quen regresa ó atletismo galego logo duns anos por Asturias. Angela González chegaría a sete segundos da campioa galega ocupando o terceiro lugar Leticia Fernández nunha intelixente carreira onde iría de menos a máis.

Os primeiros clasificados na categoría Sub23 foron  Laura Santos e para o Iván Puentes do Narón

No resto de categorías, a internacional Lucía Sicre (RIA Ferrol)  impúxose na Sub20  tanto a Paula de la Torre da Gimnástica como a Miriam Tojeiro do RIA Ferrol,  nunha proba case que disputada o sprint.

Na categoría masculina o principal favorito, El Mehdi el Nabaoui do Narón, gañaría a carreira, malia que pola súa condición de extranxeiro o título foi parar ó seu compañeiro de equipo Jorge González que sería escoltado tanto por Esteban Basanta da Atlética Lucense como por Iago Jopia do Coruña Comarca.

No que atinxe á clasificación por clubs na Sub20 homes, título para o equipo local do Atletismo Narón, correspondendo á Gimnastica de Pontevedra en homes e o ADAS Proinor en mulleres o campionato na categoría Absoluta e Sub23

Xa por último importante éxito tanto de inscritos/as como de organización o que contaría a primeira edición do I Gran Premio de Campo a través Cidade de Narón que repartiría importantes premios entre os gañadores e gañadoras.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo