Marta Barbeito e Nicolás Domínguez, gañadores do Tríatlon Concello de Oleiros

Marta Barbeito (Náutico de Narón) e Nicolás Domínguez (Disa HPS Tríatlon) proclamáronse hoxe vencedores absolutos do XXIX Tríatlon Concello de Oleiros, no que participaron un total de 200 deportistas.

0

Na carreira masculina, Nicolás Domínguez foi remontando, despois dunha natación máis discreta. Fixo un moi bo segmento de ciclismo e rematou sendo o mellor na carreira a pe, para chegar a meta en solitario cun tempo de 1:08:42. O podio completouse con José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo) na segunda posición e Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial), terceiro.

Na categoría feminina, Marta Barbeito domiñou de principio a fin. Foi a mellor na natación e na bicicleta, o que lle permitiu relaxarse un pouco na carreira a pe. Aínda así chegou a meta no primeiro lugar con case tres minutos e medio de vantaxe sobre a segunda clasificada, Laura Cabarcos (Náutico de Narón). O terceiro lugar foi para Sonia Roca (NoSportLimit).