Marín Peixegalego y Leche Río Breogán protagonizan el derbi gallego del fin de semana

0

O Marín Peixegalego visita mañá á tarde a un dos principais favoritos ao ascenso a Liga Endesa, O Leche Río Breogán de Lugo (Pazo Universitario, 17.00 horas, TVG2).

O conxunto marinense non poderá contar para este partido coa participación de Romone Saunders, que sufriu unha escordadura de nocello na sesión de adestramento vespertina do xoves. Tampouco estarán ás ordes de Javi Llorente Diago Quinn, que causou baixa durante a semana no club, e o irlandés John Carroll, que pediu a rescisión de contrato ao club debido a uns problemas físicos no xeonllo que lle impedían ofrecer o seu mellor rendemento nos adestramentos e nos partidos. Ademais segue sen poder adestrarse co colectivo Alex Mazaira, xa na fase final do seu proceso de rehabilitación.

Cando menos, o equipo poderá contar coa participación de Filip Toncinic, cuxo transfer internacional chegou onte pata permitir o seu debut en Lugo.

O Peixegalego afronta un novo reto nunha fase da temporada na que encadea a varios dos mellores equipos da competición. Trala boa imaxe ofrecida contra o Bahía San Agustín B The Travel Brand Mallorca Palma, o obxectivo do colectivo marinense é volver a ser competitivo e plantexarlle un partido incómodo a un adversario que non acaba de collerlle o pulso á competición no seu feudo.

O rebote defensivo e a intensidade serán dous elementos fundamentais para que o conxunto de A Raña ofreza a súa mellor versión no segundo derbi autonómico da campaña.

O Peixe afronta a cita como pechacancelas, cun balance de un triunfo e oito derrotas, mentres que o Leche Río Breogán comparece na cita situado na novena praza, con 5 triunfos e catro derrotas, aínda que con dous sorprendentes patinazos como local fronte a Cáceres Patrimonio de la Humanidad e Gipuzkoa Basket nos dous últimos compromisos.

Cristian Díaz está a ser o home máis destacado do bloque lucense (cuarto máximo asistente da Liga, con 5,4 pases de canastra por encontró). Dago Peña, Salva Arco ou Mou Soluade son outros homes destacados no conxunto lucense que tiveron presenza na ACB.

A escadra de Diego Epifanio é a terceira con máis facilidade para encestar da liga e a que presenta mellores porcentaxes de dous (56,7), de tres (38,2) e de campo en xeral (49,4). Sen embargo, é un dos que menos rexeites captura da competición.

Nota de prensa del Peixegalego