Mareantes Rugby Club de Pontevedra estivo no IES Sánchez Cantón

    0

     

    Estes días o Mareantes Rugby Club de Pontevedra estivo no IES Sánchez Cantón ensinando os principios básicos do deporte oval a distintos alumn@s de 1º e 2º da ESO.

    A participación de est@s incipientes adolescentes é magnífica e as clases de Educación Física convértense en algo realmente divertido para alumn@s e os nosos adestradores que están a colaborar na actividade.

    Este deporte está de moda como se mostra na importante expectación que levanta o Mundial de Rugby que se está a desenvolver actualmente en Francia cuns estadios cheos e unha audiencia masiva na televisión e nas RRSS.

    Por que non vos animades a formar parte do noso club?.

    Se coñeces a alguén que teña entre 5 e 17 anos e estea interesado en probar o rugby só teñen que poñerse en contacto co 609347446 e poderá participar sen ningún compromiso nos diversos entrenos que estamos a realizar semanalmente no Campo de Monteporreiro.

    Tamén podedes cubrir este simple formulario que vos achegamos:

    https://forms.gle/au3ExQyEtdgGdAns8

    Quen chega antes?. MAREANTES

     

    Foto e artigo: Ysabel Candelón. Responsable de comunicacion do Mareantes.