O atleta lucense da Gimnástica de Pontevedra Manuel Hurtado, acadaría esta fin de semana durante o transcurso do Campionato de España de Maratón que se disputou en Ciudad Real,  o subcampionato nacional na mítica distancia logo de completar o percorrido cun rexistro de 2h.23:52 nunha proba gañada por Luis Miguel Sánchez quen invertiría un tempo de 2h.23:49.

Con este importante resultado, o atleta máster da Gimnástica suma un novo mérito importante que engadir a esta sensacional tempada na que acadaría, a nivel internacional, os subcampionatos de Europa máster tanto na media maratón como nos 5.000 m.. A nivel autonómico, lograría os campionatos absolutos nos 3.000 m. de pista cuberta, así como os de 5.000 m. e 10.000 m. de aire libre.

Resultados

Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo