Prueba de orientaci´n con limiactiva patrocinado por La Región 21-10-17

Nota de prensa del Concello de Ourense

  • Deportistas de todas as idades e público xeral están convidados a gozar e participar dalgunha das 15 modalidades incluídas no programa.

  • Xunto ás probas para todos os públicos, hai campionatos galegos, exhibicións co xadrecista ourensán Iván Salgado ou carreiras populares, coma a Milla Solidaria que se celebra este sábado na rúa do Paseo.

  • O Consello Municipal de Deportes quere poñer de manifesto a grande vitalidade da que goza o deporte na nosa cidade.

O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade.

En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol sala, baloncesto, ximnasia deportiva, natación, piragüismo ou escalada.

O CMD busca, como fin de tempada e coincidindo coa semana grande de festas, poñer de manifesto a grande vitalidade da que goza o deporte na nosa cidade. Estes actos, promovidos ben de xeito directo, ben a través do tecido asociativo, procuran reforzar na nosa cidade a oferta deportiva que enche as nosas instalacións e rúas durante todo o ano.

Son máis de trinta eventos dirixidos a que os seguidores do deporte e calquera persoa goce movéndose como outro xeito de festexar a semana grande de festas, e perseguen o obxectivo de que o deporte e a actividade física sexan fontes de saúde e parte indispensable na vida dos nosos veciños.

Á presentación deste programa hai que lle engadir a apertura das piscinas de Oira e dos Remedios e unha serie de melloras nas instalacións deportivas municipais.

De seguido, a relación das actividades:

[Sábado, 22 de xuño]

  • Campionato Galego De Kickboxing.

Anexo dos Remedios, de 15:00 a 23:30 horas

  • XVIII Campionato Internacional Wushu – Cidade De Ourense.

Cancha Central. De 8:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

  • Campionato Galego de Verán de Sincronizada.

Piscina Rosario Dueñas. De 8:00 a 20:00 horas.

  • Clinic Porteiros de Hóquei CH. Albor.

Campo de Mariñamansa. De 10:00 a 20:00 horas

  • Memorial Secundino Basalo.

Campo Míguel Ángel, Os Remedios. 10:00 a 21:00 horas.

  • Circuíto «Vaia, Vaia» de Volei Praia, Peque Volei E Cachibol.

Campo de Volei Praia Oira. De 10:00 a 21:00 horas

  • Campionato Galego De Kung Fu por equipos.

Polideportivo Oira. De 9:30 a 13:30 horas.

  • Trofeo Corpus de Chave.

Alameda, ás16:30 horas.

  • Xornadas Internacionais de Xadrez Iván Salgado.

Varias sedes. De 11:30 a 13:30 e de 19:00 a 22:00 horas.

  • Milla Solidaria.

Rúa do Paseo. De 18:00 a 20:00 horas

[Domingo, 23 de xuño]

  • XVIII Campionato Internacional Wushu – Cidade De Ourense.

Cancha Central dos Remedios. De 9:30 a 14:00 horas.

  • Campionato Galego de Verán de Sincronizada.

Piscina Rosario Dueñas. De 8:00 a 20:00 horas.

  • Festa Fin de tempada CH. Albor.

Campo de Mariñamansa. De 11:00 a 19:00 horas.

  • Xornadas Internacionais de Xadrez Iván Salgado.

Varias Sedes. De 11:00 a 14:00 horas.

  • Circuíto «Vaia, Vaia» de Volei Praia, Peque Volei e Cachibol.

Campo de Volei Praia Oira. De 10:00 a 21:00 horas.

[Do luns 24 ao venres 28 de xuño]

  • Campus Fútbol Sala: Sala Ourense-Envialia.

Pavillón Anexo. De 9:00 a 15:00 horas.

  • Campus Fútbol Sala: Sala Ourense-Envialia.

Cancha Central. De 9:00 a 15:00 horas.

  • Campus Fundación R.C. Celta-Pabellón C.F.

Campo Miguel Ángel dos Remedios. De 10:00 a 14:00 horas.

  • 7ª edición do Campus de Verán de Hóquei CH. Albor.

Campo de Mariñamansa. De 9:00 a 14:00 horas.

  • Campus de Baloncesto de Base – ABO.

Polideportivo Otero Pedraio. De 10:00 a 13:30 horas.

  • Campus De Fútbol Ourense CF.

Campo Miguel Ángel dos Remedios.

  • Cto. Galego de Trampolín Escolar, Base e Élite de Ximnasia.

Polideportivo de Oira. De 10:00 a 20:00 horas.

[Sábado 29 de xuño]

  • 7ª edición do Campus de Verán de Hóquei Ch Albor.

Campo de Mariñamansa. De 9:00 a 18:00 horas.

  • Campionato Galego de Natación Alevín.

Piscina Rosario Dueñas. De 8:00 a 20:00 horas.

  • Cto. Galego de Trampolín Escolar, Base e Élite de Ximnasia.

Polideportivo de Oira. De 10:00 a 20:00 horas.

  • 51 Descenso do Miño.

Desde Os Peares até Barra de Miño. Desde as 16:30 horas.

  • XIV Torneo de Vólei Praia.

Campo de Volei Praia Oira. De 10:00 a 20:00 horas.

[Domingo, 30 de xuño]

  • Cto. Galego de Trampolín Escolar, Base e Élite de Ximnasia.

Polideportivo de Oira. De 10:00 a 20:00 horas.

  • Campionato Galego de Natación Alevín.

Piscina Rosario Dueñas. De 8:00 a 20:00 horas.

  • XIV Torneo de Vólei Praia.

Campo de Volei Praia Oira. De 10:00 a 20:00 horas.

  • III Trofeo Corpus Escalada Cidade de Ourense.

Cancha Central. De 10:00 a 20:00 horas.

Comentarios