Máis de 200 deportistas no Nada e Corre de Lugo

0

 

O programa Nada e Corre 2019 comezou coa celebración da proba de Lugo, na que participaron máis de 200 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, alevin, infantil e cadete. Esta proba é clasificatoria para a final galega, que se celebrará en Riveira o 7 de abril.

A proba de natación celebrouse na piscina das Pedreiras, mentres que a carreira a pe tivo lugar nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera. As distancias son diferentes dependendo da categoría á que pertenzan as e os deportistas.

Os gañadores das diferentes categorías foron:

Prebenxamín: Thalia Lobina (Tri-Penta Terras de Lugo) e Asier Pita (Tríatlon Ferrol).

Benxamín: Carla Cortón (Tri-Penta Terras de Lugo) e Leo Sánchez (Zalaeta 100tolos).

Alevín: Inés Serantes (Natación Cedeira Muebles García) e Damián Suárez (Natación Cedeira Muebles García)

Infantil: Lucía Piñón (Tríatlon Ferrol) e Rubén Otero (AD Fogar)

Cadete: Myriam López (Cidade de Lugo Fluvial) e Alexandre Álvarez (Cidade de Lugo Fluvial).

 

RESULTADOS NADACORRE LUGO