Machada do Celta no Camp Nou (1-2)

0

FICHA TÉCNICA

FC Barcelona 1-2 RC Celta

Aliñación FC Barcelona: Ter Stegen, Lenglet, Piqué Araujo, Jordi Alba, Pedro, Busquets, Ilaix Moriba, Dembelé, Griezmann e Messi.

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Kevin Vázquez, Aidoo, Araújo, Aarón Martín, Fran Beltrán, Brais Méndez, Nolito, Denis Suárez, Santi Mina e Iago Aspas.

Goles: 1-0, min. 27 (Messi). 1-1, min. 37 (Santi Mina). 1-2, min. 88 (Santi Mina).

Árbitro: De Burgos Bengoetxea

Estadio: Camp Nou

ANÁLISE

O Celta consegue a súa quinta vitoria consecutiva nada máis e nada menos que no Camp Nou. O Barça adiantouse á media hora de comezar, pero pouco despois empatou Santi Mina. Xa cando o partido esmorecía de novo o dianteiro vigués marcou o gol da vitoria e da tremenda ledicia celeste.

Na primeira parte os celestes víronse influídos polas numerosas baixas, como a de Aidoo a ultimísima hora. O Barcelona controlaba o balón e Messi gozaba de ocasións. Ata que no 27, cunha asistencia de Busquets, marcou o arxentino sen que Iván Villar puidera detelo. Con todo despois deste golpe o Celta comezou a facerse co control da pelota e dez minutos despois Santi Mina empatou asistido por Iago Aspas.

No segundo tempo o Barça non foi o mesmo, e os vigueses tiveron algunha ocasión máis. Denis Suárez e Augusto Solari tiveron oportunidades e finalmente, pouco antes do engadido, Santi Mina marcou o segundo para o Celta e na súa conta particular.

Aínda que o equipo venceu, a clasificación á Europa League xa non é posible por mor dos resultados do Villarreal e do Betis. Con todo. isto non empaña o grandísimo final de tempada do Celta. Dende a campaña 2001-2002 non se conseguían cinco vitorias consecutivas. Na derradeira xornada o celtismo, agora si que si, poderá felicitar fisicamente aos seus en Balaídos.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander