M16 e M18 do Asterix e do Fendetestas

    0

     

    Este fin de semán as nenas M16 e M18 do Asterix e do Fendetestas desplázanse a Aranda de Duero onde terá lugar o segundo Festival Nacional de Rugby femenino M18, trátase da maior concentración de rapazas a nivel nacional, onde estarán presentes as promesas e moitas realidades do futuro da selección nacional.

    Dende os nosos clubes e dende a Federación Galega de Rugby considerase esencial o apoio ó rugby femenino, sobre todo en categorías de formación para o desenrolo deportivo e persoal das rapazas. É unha ocasión única de xogar con outras nenas habida conta de que a competición galega desenrolase en categoría mixta ata os 18 anos.

    O evento será retrasmitido por streaming e poderemos ver as evolucións das nosas durante todo o sábado e o domingo á mañá.

    O rugby femenino está en aumento en canto a número de licencias e sobre todo nas categorías inferiores, onde se está asentando como unha alternativa deportiva real para as nenas.

    Na escola de rugby Asterix comezamos esta semán os adestramentos, contando este ano con case un 45% de licencias femeninas, o que supón todo un logro para Viveiro e a Mariña lucense. Os adestramentos serán martes, mércores e xoves de 18:30 a 20:00h no estadio Marcos Gómez (Cembedo) de Viveiro, onde agardamos por todolos nenos e nenas que queiran probar este deporte.

    Foto: A. Sanz  /  Nota de prensa: Óscar Lara