Lugo e Vigo reciben o “Foro de Debate”

0

Continúan as roldas de debate que a Federación Galega de Atletismo está levando a cabo polos distintos núcleos e zonas atléticas da nosa comunidade logo de que o pasado día 2 de outubro deran comezo en Pontevedra e que se desdenvolveran xa nas Delegacións de Santiago, O Barco e Ourense.

En concreto para esta fin de semana están programadas os seguintes encontros:

  • Martes 26 de novembro. Lugo ( Facultade de Humanidades da USC en Lugo ás 20.00 Horas
  • Venres 28 de novembro. Vigo (Sede da Delegación da FGA en Vigo)

Nelas estarán presentes o Presidente da FGA Isidoro Hornillos, o Secretario Xeral e Director Técnico Carlos Castro, o Delegado da FGA en Lugo José Manuel Peña, o Delegado da FGA en Vigo Miguel Martínez e o membro da Xunta Directiva da FGA, Diego Paz.

O obxecto desta serie de xuntanzas, é a de explicar a todos os estamentos atléticos locais que desexen acudir, os distintos apartados do Plan Extratéxico 2019-2020 que contempla, entre outras, as actividades e programacións que se desenvolverán, o calendario de compiticións ou as novidades para esta tempada entre outros asuntos de interese.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo