Lugo acolle este sábado un interesante Campionato de Galicia Sub16 e Sub18

0
 
 

Esta fin de semana as pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera baixo a colaboración do Concello de Lugo, darán acollida un sempre importante e atractivo Campionato de Galicia Individual e de Probas Combinadas Sub16 e Sub18 no que tomarán parte os atletas máis destacados do momento e que servirá como importante test cara aos nacionais que se desenvolverán  en Lleida e Huelva a mediados e finais deste mes.

Polas pistas lucenses pasarán máis de 1000 atletas que obrigará a extremar o protocolo de seguridade COVID-19 e na que destacan nas probas de velocidade, a campioa de España Sub18 en pista cuberta Ainhoa Reparaz do Val Miñor e Martín Barcia do Real Club Celta como único atleta capaz de baixar este ano dos once segundos nos 100 m. con 10.95.  Pola súa banda na categoría Sub16 estará tomando parte nos 100 m. Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega ca terceira mellor marca nacional do ano con 12.34. Sobre os 300 m. Sub16 interesante carreira a que presenciaremos entre Javier Trillo do Ourense Atletismo e Fabian Vidal do Barbanza ambos compartindo un excelente rexistro de 36.91.

Sobre o fondo, Ricardo Negrete do Ría Ferrol, stará  na saída dos 1.000 na categoría Sub16 cun rexistro de 2:39.29. Especial seguimento para a plusmarquista e Campioa de España Xela Martínez da Atlética Lucense, que será  unha das principais atraccións do campionato sobre a distancia dos 3.000 m.

En obstáculos contaremos ca participación da subcampioa absoluta de pista cuberta Sub18 nos 800 m. Sofía Gómez do Riazor Coruña sendo Sara Guedes da Atlética Lucense na Sub16 a principal favorita na mesma especialidade

David Vicente García do Playas de Castellón ca segunda mellor marca nacional do ano de 14.16, estará sobre os 110 valos. Sin deixar a especialidade, interesante carreira nos 400 valos entre Mateo Aller do C.A.Santiago con 56.92 e Alvaro Díaz de La Purísima con 57.04. Na categoría Sub16 Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural será quen acuda ca mellor marca dos participantes.

Nos 300 valos Sub16 interesante man a man o que presenciaremos entre Javier Trillo do Ourense Atletismo e Leo Rodríguez do Samertolameu ambos separados por apenas tres centésimas

En saltos, as medallistas de bronce no nacional de pista cuberta Enma Sihuang da Atlética Lucense en altura Sub18, e  Lisa Vosberg do A.V.A., en pértega Sub16, serán en encargadas de dinamizar os seus concursos.

A plusmarquista galega e subcampioa nacional Sub18 de pista cuberta en combinadas Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense optará nestes campionatos pola lonxitude onde acude cunha MMT de 1,70, proba esta última sobre a que estará concursando a Sub16 Nayr Cortegoso do Val Miñor como favorita.

No foso de triplo Sub18 teremos oportunidade de ver as evolucións da recente finalista no Campionato de España absoluto en triplo salto Alba Cuns quen terá diante a súa principal opoñente  Diaou Diallo do Ría Ferrol. Javier Malingre do Ourense Atletismo pola súa banda, estará sobre a pértega na categoría Sub16

Nos lanzamentos Nicolás Ortega do Coruña Comarca, quen xa lograra o terceiro posto no nacional de lanzamentos longos deste ano en Castellón, estará tomando parte no concurso de disco ao igual que Hugo Fernández do Atletismo Sada en Martelo ás portas dos 45 metros este ano. Na xavelina Daniel Loureiro de A Silva intentará lanzar sobre os 56 m. nun concurso que tamén contará na categoría Sub16 con Lara Iglesiasdo Samertolameu como atleta destacada.

No concurso de peso especial atención a actuación da subcampioa de España Sub18 Xiana Lago do Ría Ferrol, quen estará lanzando sobre as pistas lucenses ao igual que Gema Dacosta do Vila de Cangas na categoría inferior. Alfonso Labella do Millaraio en martelo e Enzo López do Barbanza na xavelina completan esta relación nesta categoría.

En canto ao Campionato de Galicia de Probas combinadas, a presencia máis salientable correrá a cargo da subcampioa de España de pista cuberta 2020 en altura Carlota Salgado, do A.F. Celta na categoría Sub18. Na categoría masculina o tamén subcampión galego baixo teito Bran Chapela do Atletismo Morrazo, intentará estar sobre a barreira dos 5.000  da que apenas lle separa un punto .

No referente aos Sub16 será Matías Moldes, sexto clasificado indoor no nacional deste ano, o principal favorito, ao igual que Marta Lázara do Deza en mulleres quen acude cunha MMP de 2.883 p. lograda no pasado Campionato de Galicia de Probas combinadas por clubs.