A coruñesa Lucía Gómez González non seguirá en Burela tras rematar contrato o pasado 30 de xuño. A ala zurda e o Pescados Rubén Burela FS separan os seus camiños despois de dúas campañas cheas de ledicias colectivas e individuais, non só cos títulos de I Copa da Raíña 2019, Recopa de Milán 2019, Supercopa de España 2019, Copa Galicia ou a liga 2019-20, senón tamén como campioa de Europa coa Selección Española.

Luci, es un exemplo de optimismo e boas vibracións. Con esa filosofía de vida, calquera proxecto que emprendas será un éxito, sen dúbida. A Familia Laranxa deséxache o mellor!

 

Jenny Lores tampouco continuará

A ala-peche Jenny Lores Cortizo non continuará no novo proxecto do Pescados Rubén Burela FS para 2020-21.

A xogadora pontevedresa chegou á Mariña en agosto de 2019, procedente do Poio Pescamar, para compatibilizar as súas obrigas de laranxa na tempada do triplete coas da Selección Española.

 Jenny, dende o Pescados Rubén agradecemos a túa dedicación e profesionalidade ao longo deste gran ano deportivo. Moita sorte no teu novo destino!