Lucas Olaza marcha do RC Celta

0

O serial de Lucas Olaza neste mercado de inverno, que remata nunhas horas, chega á súa fin. O lateral uruguaio finaliza a cesión no Celta procedente de Boca Juniors e recala no Real Valladolid.

O primeiro contacto de Lucas Olaza co RC Celta foi na tempada 2015/16, cando chegou cedido polo River Plate ó Celta B. Nesa ocasión, foi titular en 13 partidos de liga na Segunda B. En xaneiro de 2019 volvía ó club vigués, esta vez como préstamo de Boca Juniors. Nesa metade de tempada non tivo moito protagonismo (xogou 10 partidos). Pero na tempada 2019/20 xogouno practicamente todo (35 partidos), nos que marcou un gol e deu cinco asistencias.

Granada CF | Lucas Olaza espera al Granada por si sale Nehuén Pérez | Ideal

Gol de Lucas Olaza no FC Barcelona-RC Celta do 9 de novembro de 2019. Fotografía: LFP

Xa na tempada 2020/21 na que nos atopamos, disputou case todos os encontros da primeira metade de liga (18). Se chegaba ós 20 partidos, o Celta tería que pagar catro millóns de euros a Boca e quedaríase con el. Con todo, neste mercado a directiva viguesa non quixo cumprir o pactado ó final da pasada campaña e Olaza abandona o equipo.

Imaxe

Fotografía: Real Valladolid

Parte do celtismo atópase bastante descontento co club por esta decisión. Argumentan que por esa cantidade, non haberá moitos futbolistas que dean un rendemento tan bo como o do uruguaio neste período en Vigo.

Pola súa banda, Lucas Olaza quixo agradecer a través da súa conta de Twitter a axuda e o apoio prestados por todos aqueles que estiveron presentes ó longo da súa etapa como celeste.

Lucas Olaza amosou no Celta un gran rendemento no lateral esquerdo, que se viña resentindo dende a marcha de Jonny Otto. Ademais, o seu compromiso co escudo e o trato amable cara a afección e compañeiros son innegociables. Merece toda a sorte do mundo nesta nova etapa.