Liga Gallega de Rugby Senior Masculina. Kaleido Universidade de Vigo » B» 43 C.D. Zalaeta ATC Arteixo 22

    0

    El Domingo 15 de febrero en el Campo de As Lagoas Marcosende (Vigo) 16:40 horas y dirigido por el Sr. Colegiado D. Juan Salgado Partido se disputaba el partido aplazado de la jornada 10 de la Liga gallega de rugby.

    Duro revés sufrido este sábado en Vigo #ante un dos equipos da «nosa liga» por situarse na mellor posición posible para o play off polo campionato.

    Empezamos saíndo da Coruña con só 16 xogadores na lista e moitos deles arrastrando doenzas de lesións que indicaban a importancia do partido. Nunha primeira parte xogada entre iguais e con pernas frescas, disputamos cada balón, gañabamos metros grazas ao forte vento e defendiamos todos os puntos de contacto. Chegamos ao descanso cun empate a 12-12 que prognosticaba unha posibilidade de vitoria que nunca chegou. Co asubío inicial da segunda parte e nun campo pesado, Vigo B levou o peso do encontro grazas á incorporación de ata 7 novos xogadores que deron frescura aos olívicos e cunha nova mele que nos sacou demasiados golpes, cos que, está vez co vento do seu lado, metíannos unha e outra vez na nosa 22. Elevou o ritmo Vigo B e a súa arremetidas requirían dun compromiso físico que non fomos capaces de asumir, co que empezaron a caer os ensaios para felicidade dos de casa.

    En ataque tampouco puidemos aumentar o tanteador grazas ao merito defensivo de Vigo B e a erros os nosos na toma de decisións.

    Xusto vencendor que nos adianta na clasificación e colócanos na 8ª posición con 21 puntos a falta dun só partido para pechar a liga regular, que será o vindeiro domingo en casa de Barbanza RC.

    Partido que nos fai ver a importancia de ter un persoal amplo que permita o descanso e recuperación dos xogadores.

    Seguiremos pelexando cada balón ata o asubío final, aínda doloridos e cansos.

    Cronica e Foto: Departamento de prensa de Zalaeta R.C.