Diego Epifanio Cabornero «Epi» (Burgos 25/05/1978) é o novo adestrador do Cafés Candelas Breogán, según anuncios o clube nun comunicado de prensa.
Chega ao Breogán un adestrador xove pero cunha ampla experiencia tanto en competición FEB como en Liga Endesa, na que liderou o ambicioso proxecto de Burgos durante as dúas últimas tempadas, situando ao seu equipo entre os máis sólidos da categoría e acadando na tempada 2018/19 unha meritoria clasificación para a Basketball Champions League.
Diego Epifanio «Epi» conta cunha dilatada carreira desenvolvida no baloncesto burgalés onde se formou e na que estivo traballado ao lado Andreu Casadevall dende 2006 a 2015 pasando a adestrador xefe en novembro 2015 e acadando o ascenso de LEB a Liga Endesa na tempada 2016/2017 e liderando o crecemento do proxecto da súa cidade.
Xuventude, capacidade de traballo, profundo coñecemento das ligas LEB e ACB e experiencia, combínanse nun adestrador que chega a Lugo para dirixir o banco breoganista e que se converte na peza clave do novo e ilusionante proxecto dende a que se irá conformando un equipo competitivo.
TRAXECTORIA
1994-2005. Colegio Sagrado Corazón de Jesús.
1997-2001. Escuela Municipal de Baloncesto del Ayuntamiento de Burgos.
2001-05. Cantera CB Atapuerca.
2004-06. Autocid Ford Burgos. LEB 2. Adestrador axudante
2006-15. Autocid Ford Burgos. LEB Oro Adestrador axudante
2015-16. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante e primeiro adestrador dende novembro
Nov. 2015-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro.
2017-19. San Pablo Burgos. Liga Endesa.
PALMARÉS
2004-05. Autocid Ford Burgos. Copa LEB 2. Campión
2005-06. Autocid Ford Burgos. Copa LEB 2. Campión
2005-06. Autocid Ford Burgos. LEB 2. Campión del Playoff
2011-12. Autocid Ford Burgos. Copa Príncipe. Subcampión
2012-13. Autocid Ford Burgos. Copa Príncipe. Campión
2012-13. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campeón
2013-14. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campión del Playoff
2014-15. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campión
2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. Copa Princesa. Subcampión
2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro. Campión del Playoff
2018-19: San Pablo Burgos Liga E ndesa. (11º) Clasificado para a Basketball Champions League