Laura Pimentel, 14ª en 800 e 16ª en 1500 libres no Campionato de España

0

 

  • A nadadora do Clube Natación Pabellón Ourense, Laura Pimentel, completou unha boa actuación no 16º campionato de España Open de primavera que se celebrou entre os pasados días 28 y 31 de marzo no Centro Acuático de Málaga.
  • A ourensá ocupou a 14ª posición na proba dos 800 metros libres, na que fixo un tempo de 9:01.11, mentras que acadou a 16ª posición nos 1.500 libres con un tempo de 17:26.36.

 

XORNADA 1 

Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense acadou o posto 14º e Bea Gómez, clasificada para o Mundial en 800 libre.

A nadadora Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico proclamouse subcampioa de España absoluta en 800 libre cun tempo de 8:31.54 acadando a clasificación prata o Campionato do Mundo que se vai disputar do 2 ao 9 de agosto en Kazan (Rusia).

Nesta mesma proba de 800 libre, a nadadora María Vilas Vidal do CN Riveira e bolseira do CGTD foi terceira con 8:38.09.

Outros nadadores de clubes galegos que acadaron postos de finalista foron:

  • Marcos García Soto do CN Ferrol e bolseiro do CGTD foi 7º na final A de 50 libre con 23.32.
  • Paula Goyanes García do CN Galaico e bolseira do CGTD foi 4ª na final C (para nadadores de categoría absoluto-mozo) en 200 bolboreta con 2:21.05. Tamén acadou o posto 16 en 800 libre con 9:05.98.
  • Sergio Campos Varela do CN Coruña e bolseiro do CGTD foi segundo na final C (absoluto mozo) de 200 costas con 2:07.73.
  • Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e bolseiro do CGTD foi 11º en 1500 libre con 15:59. 72 establecendo unha nova Mellor Marca Galega de 17 anos.
  • Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense acadou o posto 14 en 800 libre con 9:01.11.

 

XORNADA 2

 

bea_GÓMEZBea Gómez, de novo clasificada para o Mundial en 400 estilos.

A nadadora Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico proclamouse subcampioa de España absoluta en 400 estilos cun tempo de 4:40.65 acadando a clasificación nunha segunda proba para o Campionato do Mundo.

Sergio Campos Varela do CN Coruña e bolseiro do CGTD foi subcampión e medalla da prata da categoría absoluto mozo en 50 costas cun tempo de 26.50, que lle valeu para ser primeiro da final B.

Outros nadadores de clubes galegos que acadaron postos de finalista foron:

  • María Vilas Vidal do CN Riveira e bolseira do CGTD foi cuarta en 400 estilos con 4:43.60.
  • Macarena García Garay do C del Mar foi 8ª da final B en 400 estilos cun mellor tempo de 5:00.98 en eliminatorias.
  • Paula Goyanes García do CN Galaico e bolseira do CGTD foi 8ª na final C de 400 estilos cun mellor tempo de 5:05.51 en eliminatorias.
  • Marcos García Soto do CN Ferrol e bolseiro do CGTD foi 8º na final A de 100 bolboreta con 54.55.
  • Alejandro Passaretti Pereira do CDN Cidade de Santiago e bolseiro do CGTD estableceu unha nova Mellor Marca Galega de 17 anos en 200 libre cun tempo de 1:55.68.

 

XORNADA 3

 

Dúas novas medallas de bronce para Bea Gómez e María Vilas; Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense acadou o posto 16º en 1500 libre

Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico foi terceira en 200 estilos con 2:14.27.

María Vilas Vidal do CN Riveira e bolseira do CGTD foi terceira en 1500 libre con 15:29.15.

Outros nadadores galegos destacados foron:

  • Macarena García Garay do C del Mar, foi 8ª na final B de 200 estilos cun mellor tempo de 2:21.82 nas eliminatorias.
  • Alejandro Passaretti Pereira do CDN Cidade de Santiago e bolseiro do CGTD estebleceu unha nova Mellor Marca Galega de 17 anos en 100 libre cun tempo de 52.59.
  • Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e bolseiro do CGTD acadou o posto 13 en 800 libre, establecendo ademáis unha nova Mellor Marca Galega de 17 anos cun tempo de 8:23.13.
  • Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense acadou o posto 16 en 1500 libre con 17:26.36.

 

XORNADA 4

 

O máis destacado dos nadadores de clubes galegos na cuarta e derradeira xornada do Cto de España OPEN disputado en Málaga foron os seguintes postos de finalistas:

  • Marcos García Soto do CN Ferrol e bolseiro do CGTD foi 5º da final A de 50 bolboreta cun mellor tempo de 24.07 en eliminatorias.
  • Macarena García Garay do C del Mar estableceu unha nova Mellor Marca Galega de 16 anos en 50 bolboreta con 29.46.
  • María Vilas Vidal do CN Riveira e bolseira do CGTD foi segunda na final B de 200 braza con 2:36.55.
  • Noelia Gómez López do CN Arteixo foi 7ª na final C (para nadadores de categoría absoluto mozo) en 200 braza con 2:45.70.
  • Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico foi primeira da final B en 400 libre con 4:13..66.
  • Sergio Campos Varela do CN Coruña e bolserio do CGTD foi 2º na final C en 100 costas con 57.70.

 

Fotos: CNPOurense/FEGAN