La UD Ourense femenina continúa intratable (14-0)

0

 

Partido sen moita historia o que disputaron as rapazas da Unión Deportiva Ourense e o Salcedo, equipo que se presentou a xogar con só 10 xogadoras

  • Esta victoria vino acompañada por un resultado inesperado que afianza a las de Rubén García en las dos plazas de ascenso a la Primera Autonómica, ya que el Racing de Vilariño no pasó del empate en su visita al Pereiró

 

UD Ourense: Raquel Bermejo, Ile, Maria, Pacy (Raquel 46′), Tania(Cris Pumar 30′), Palo, Cris Rodriguez, Noe, Alba Delgado,Yani, Hele (Sara Dopico 46′)

Salcedo: Diana Álvarez, Diana Otero, Sara, Rocío, Laura, Marta, Cristina, Patricia, Tatiana, Lucía

Goles:

1-0 p.p min 3; 2-0 Pacy min 7; 3-0 Hele min 11; 4-0 Hele min 14; 5-0 Yani min 26; 6-0 Yani min 29; 7-0 Alba Delgado min 37; 8-0 Alba Delgado min 39; 9-0 Sara Dopico min 48; 10-0 Cris Rodríguez min 54; 11-0 Raquel min 57; 12-0 Sara Dopico min 76; 13-0 Palo min 85; 14-0 Yani min 89.

Árbitro: Gerardo García Iglesias. Sen amonestacións.

Incidencias: partido correspondente a 25ª xornada do Grupo Sur da Segunda Autonómica disputada no campo do Monte da Aira en Velle.

 

 

Resultados y clasificación

 

A primeira metade deixou 8 goles das locais. O primeiro foi en propia porta dunha defensora visitante a saída dun córner no minuto 3. Tras un rexeite dun novo saque de esquina e posterior centro chegou o segundo aos 7 minutos obra de Pacy de cabeza. Aos 11 minutos Hele marcaría de vaselina e os 14 voltaría facer o 4-0. O quinto e o sexto levarían a firma de Yani, que se reencontrou co gol despois da lesión que a tivo máis dun mes lonxe dos terreos de xogo. Antes do tempo de lecer veríanse dous goles máis obra de Alba Delgado.

No segundo tempo marcarían as locais 6 novos tantos, destacando o doblete de Sara Dopico que faría o 9-0 e o 12-0. Uníronse tamén á faceta anotadora Cris Rodríguez (10-0), Raquel (11-0) e Palo (13-0). O derradeiro gol da maña foi obra de Yani.

Tres novos puntos que suman as ourensanistas que seguen nosegundo posto, pero ampliando a marxe co terceiro clasificado o Racing Vilariño en dous puntos máis. O vindeiro domingo cita no campo de Lampáns no Grove fronte ao Amanecer.

 

Foto: Yedra Seara (@yedra_morata)