Lugo, 10 de febreiro de 2019. Na categoría feminina, as irmás Brea foi moi superiores. Xa lograron romper a proba na primeiro segmento, no que abriron unha distancia que xa foi insuperable para o resto. Así, Joselyn e Edymar foron xuntas durante os tres segmentos e o triunfo decidiuse ao final a favor da maior das Brea. Mentres por detrás había que decidir o terceiro posto do podio. Á segunda transición chegaron xuntas María José Coya (Cidade de Lugo) e Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), pero na primeira volta da carreira a pe, Coya logrou escaparse para garantir o terceiro posto na proba.
Desta forma, o triunfo foi para Joselyn Brea (1:07:01), mentres que Edymar Brea ocupou a segunda posición (1:07:02) e María José Coya, terceira (1:12:39).
Na proba masculina, dominio de un dos favoritos. Gustavo Rodríguez decidiu a proba no segmento de bicicleta o que lle permitiu chegar á segunda transición cunha ampla vantaxe e correr o último segmento con tranquilidade e economizando forzas. Por detrás, había bastante igualdade, aínda que a T2 chegou un grupo de cinco duatletas con Brais Misa (Cidade de Lugo Fluvial), entre eles, que foi o que atacou xa na primeira volta do terceiro e definitivo segmento. Este ataque foi decisivo porque lle levou a segunda posición, mentres que terceiro foi Iván Puentes (Tríatlon Ferrol), que veu remontando dende atrás.
Así o podio estaba formado polo tudense Gustavo Rodríguez no máis alto, cun tempo de 1:00:00, Brais Misa na segunda posición (1:00:19) e Iván Puentes, terceiro (1:00:22).
A proba, que se celebrou sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 21 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), tivo como punto de saída, transición e chegada o Pazo de Congresos. En total participaron case 200 deportistas. O Dúatlon Cidade de Lugo recibe o nome de“Memorial Alejandro López” en homenaxe ao ex directivo da FederaciónGalega de Tríatlon.
O resto dos gañadores nas diferentes categorías foron:
Cadete: Myrian López (Cidade de Lugo Fluvial) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo).
Júnior: Sara López (Náutico de Narón) e Juan Rejas (Tríatlon Ferrol).
Sub 23: Edymar Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Iván Puentes (Tríatlon Ferrol).
Veterán 1: María José Coya (Cidade de Lugo Fluvial) e Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo).
Veterán 2: Fátima Paz (Tríatlon Ferrol) e Álvaro Javier García (Tríatlon Ferrol).
Clubs: Tri-Penta Terras de Lugo (feminino) e Cidade de Lugo (masculino).