Jorge Guillamet, deberá pasar por quirófano

O base carballés do Calvo Basket Xiria rompeu ligamento cruzado e nuns días será operado.

0

 

Carballo, 29 de Setembro do 2020.- Jorge Guillamet Suárez, o base carballés de 23 anos, sufriu unha lesión no primeiro dia de adestramento, e pasados uns días, as probas médicas as que foi sometido, confirmaron a gravidade da lesión.

Nun exercicio de pouca esixencia e sen oposición, un mal apoio provocou a lesión de Jorge, o xogador que estaba chamado a ser moi importante na posición de base esta temporada no equipo EBA, no que é a súa sexta campaña defendendo as cores de Xiria.

Despois duns días de espera para que puidera baixar a inflamación, as primeiras consultas non foron moi optimistas, feito que se confirmou o pasado venres cunha resonancia magnética. Nos próximos días, Jorge deberá pasar polo quirófano onde será operado do ligamento lateral e mais do menisco; o prazo de recuperación non será menor dos seis meses, polo que desde a Escola Basket Xiria, mandámoslle todo o noso apoio e a nosa forza para este duro momento e para as longas sesións de traballo que lle agardan para conseguir a mellor recuperación posible.