Xogadores da confianza do adestrador e que dan continuidade ao proxecto do ano pasado. Jorge cumprirá a 3a tempada sendo a 2a para Pizarro.

JORGE CASTIÑEIRA ( Madrid 1998)

Terceira tempada en Xiria para Jorge Castiñeira, que chegou desde Coruña para xogar na 1a división autonómica e converteuse nun dos membros máis antigos do plantel desta tempada. Será a súa terceira tempada na EBA despois de debutar na categoría con Basket Coruña.

Un xogador capaz de defender aos xogadores que queren xogar de costas con solvencia no poste baixo e que en ataque destaca pola súa capacidade de ameazar desde fóra con tiros de tres puntos e por ser un bo pasador dende o poste alto.

Esta tempada cunha rotación máis curta no xogo interior e a ausencia doutros cinco cun rango de tiro de 3 puntos, preséntase como unha boa oportunidade para Jorge, se é capaz de elevar as súas porcentaxes de tiro aos números habituais para el.

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Equipo.aspx?i=818245&med=0

 

PABLO PIZARRO ( A Coruña 1997)

Segunda tempada a que disputará en Xiria, e que a pesar da súa xuventude suporá a 4a experiencia na categoría EBA, despois de xogar en Naron e Basquet Coruña noutras tempadas.

O ano pasado completou unha gran rolda ata a lesión no nocello que o tivo fóra do equipo durante varios partidos; xogador que desempeña o papel de base ou escolta , a forza no 1×1 e a posibilidade de tirar con solvencia dende a liña de tres puntos, convérteno nun xogador completo que traerá unha vez máis serenidade ao xogo exterior carballés e á lectura do xogo para facer mellores aos seus compañeiros.