SAMUEL LODEIRO VARELA (CARBALLO- 2002)

Samu Lodeiro é un xogador que afronta a súa primeira tempada como xogador senior, despois de estar toda a súa carreira nas categorías inferiores de Basket Xiria.

Xogador que se desenvolve na posición de escolta, destaca polo seu tiro exterior e pola sua rapidez, o que fixo de Samu un xogador moi completo e difícil de defender , sendo sempre unha referencia ofensiva nos seus equipos.

Este ano, deberá afrontar un difícil reto ao dar o paso a categoría senior, a pesar de que o ano pasado xa foi convocado polo equipo filial de terceira, logrando destacar en moitos encontros. A súa ilusión e traballo, farán que os pasos para amoldarse a categoría superior, acortense; Samu contará con ficha no equipo de terceira división e simultanerará dous equipos.

 

JAVIER SOUTO PALLAS ( CARBALLO- 2000)

Xogador que pasou por todas as categorías inferiores de Xiria e integrante da vitoriosa xeración do 2000, Javi Souto volverá estar dacabalo do equipo de terceira e o persoal de liga EBA; con traballo e ilusión para seguir aumentando o seu nivel como fixo o ano pasado, seguro que a súa presenza en pista será cada vez maior.

Xogador de gran intensidade e traballo físico, a súa mellora constante no tiro exterior fan del un xogador con futuro por diante que mellorou na toma de decisións e coñecemento do xogo, por mor de enlazar adestramentos cada vez de máis nivel.

Con 20 anos , 1, 80 de estatura, e dúas presenzas en campionatos de España co seu equipo en categorías inferiores, demostrou que non se engurra nunca e que sempre está disposto a enfrontarse a retos e desafíos maiores.

http://competiciones.feb.es/estadisticas/jugador. aspx?i=765521& c=1460765& med=0

 

page1image3480964976

PRENSA Escola Básquet Xiria