Javier Paredes Y Eva Arias dominan o Provincial de Cross de Ribadavia

0

 

A Área Recreativa da Veronza, en Ribadavia, acolleu o Campionato Provincial de campo a través e o correspondente ás categorías escolares dentro do programa Xogade marcado polas adversas condicións meteorolóxicas.

 

O Club Deportivo Aurum correu a cargo, por segundo ano, da organización do evento coa colaboración da Federación Galega e a Xunta de Galicia. 

O vencedor da proba foi o atleta marroquí Hassan Lekhili, cuxo resultado non computaba para o Provincial, mentres que segundo e campión de Ourense quedou Javier Paredes, quen fora o vencedor do ano pasado. Impúxose por diante de Elpidio Gómez e Saturnino González a pesar da sarabia, a chuvia e o intenso frío. 

Participaron nesta categoría un total de 150 atletas. Na categoría feminina, o triunfo correspondeu á atleta valdeorresa Eva Arias por diante de Iria Fernández del Comesaña e Ana Belén Losada. 

Ao longo da mañá celebráronse ademais as competicións escolares nas categorías de cadetes, infantís, crías e benxamíns con máis de medio millar de participantes de toda a provincia tanto en mulleres coma en homes e que era clasificatorio para o campionato autonómico que se disputará no complexo deportivo de Monterrei o 21 de febreiro. 

Ao final das probas celebrouse a entrega de trofeos na que estiveron presentes o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o alcalde de Ribadavia, Marcos Branco, entre outras personalidades.  

FGA.es