Javichu novo xogador do Gondomar

0

O polivalente de 25 anos Javier Iglesias Álvarez, natural de Vincios (Gondomar), convértese na decimoquinta fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado nas categorías inferiores do Valadares ate os once anos, posteriormente recalou no Celta de Vigo, antes de asinar polo Rápido de Bouzas de Terceira División. Alí estivo unha tempada ata que recalou no Gondomar. Una lesión apartouno dos terreos de xogo e agora, con máis gañas que nunca, volta ao seu Clube.

Agora, co obxectivo de voltar á primeira, destacou que «apostei polo Gondomar por duas razóns, a primeira é porque teño moi bos recordos dos anos que estiven aquí. Tiñamos un moi bo grupo tanto futbolístico como a nivel de vestiario, tamen moi boa relación con todos os directivos. Éramos un equipo que íbamos todos ao mesmo e de ahí que estuvesemos ata o final pelexando por un ascenso á Terceira División. A segunda é porque cando me dixeron que o Gondomar estaba en segunda regional non o creía, é un equipo que lle teño moito aprecio xa que sempre me trataron moi ben, e penso que entre todos temos que devolver a este Club a dónde se merece estar, e ese sitio non é a segunda regional.

Ao ser a miña segunda etapa aquí prácticamente non me chama a atención nada en especial, xa que quitando a directiva e xogadores, prácticamente todo sigue igual. Está claro que todo son caras novas e pouco a pouco terei que ir coñecendo e collendo confianza tanto con xogadores e corpo técnico, como ca directiva. O que me gusta de este club e que inda que o equipo hubese descendido, a xente que está nas Gaiandas e os domingos segue a ser a misma, e iso é digno de admirar, así que esperemos darlle algunha alegría este ano.

A afición dicille que volvo ao Gondomar coas mismas ganas coas que vin fai 5 anos por primeira vez. Sempre me sentín querido por todos e cada un deles asi que espero responderlles dando o mellor de min para poder conseguir, entre todos, o obxetivo de esta tempada, que eu penso que non pode ser outro que o ascenso para, cómo dixen antes, devolver pouco a pouco o Gondomar o sitio no que debe estar. Veño con moitas ganas e xa deseando que chegue o día 8 pa empezar a liga».