Fai unhas datas Isidoro Hornillos, Presidente da FGA,  mantivo unha entrevista sobre algúns dos aspectos que pola súa importancia e actualidade máis preocupan e máis están a marcar a axenda do deporte autonómico.

Preto de corenta minutos de conversa que comezan cun  ̈Quixera destacar nestes momentos tan duros a gran capacidade de reacción e o gran comportamento de todos os estamentos atléticos ̈ dos cales destaca a súa exemplaridade amosándose convencido de que ̈ o ano 2021 intentará ser un ano moi especial xa que atesoura unha gran trascendencia e enorme simbolismo entre outros pola conmemoración do centenario da FGA ̈

De igual modo destacaría que un dos obxectivos centrais será ̈Manter, e se fora posible, aumentar a oferta de probas de pista, campo a través, ruta e trail running ̈ sempre e cando a situación sanitaria e lexislativa así o permita e abogando sempre por un estrito cumplimento do que o marco legal posibilite. Sobre a selección galega indica que a pretensión é a de ̈acudir co combinado autonómico a todas as súas convocatorias tanto de campo a través, ruta como de pista incluidas as escolares ̈

Unha dos eixos fundamentais da súa lexislación, plasmado no Plan Estratéxico presentado a Asemblea Xeral fai dos anos, é a de ̈mellorar as condicións de adestramento das nosas e nosos atletas ̈ sinalando ao respecto as novas construcións de módulos cubertos anunciadas este ano para Vigo, Ribeira e o xa orzamentado de Sada. Outro reto importante é o da Escola Galega de Adestradores un dos obxectivos prioritarios a través do cal agárdase ̈Emitir titulacións tanto de Técnico Deportivo como de Técnico Deportivo Superior en atletismo recoñecidas pola Consellería de educación para ter oficialidade ̈.

Destacaría o número importante de xuntanzas telemáticas mantidas durante este último ano polos Órganos de Goberno da Feración, quenes aprobarían recentemente as líneas estratéxicas para esta tempada sinalando ao respecto unha ̈certa incertidume sobre os ingresos previstos pola situación pandémica o que obrigará a facer unha revisión sobre os mesmos cada dúas semanas ̈ Sobre esta situación económica salienta a experiencia acumulada na crise do anos 2009 que fará abordar a actual con máis garante malia que pare elo ̈As decisións que se están tomando son de absoluta necesidade e máxima responsabilidade ̈.

A nivel de orzamentos, Hornillos faría un balance da súa evolución nos últimos anos, onde o ente federativo pasasou de ser un gran dependente de subvencións públicas, a ser nestes intres unha entidade con importantes recursos propios ao que se lle suma os patrocinios privados. Con este mapa, recalca ̈A Federación Galega é unha entidade cas contas saneadas cuxo patrimonio neto é positivo ̈ O presidente que poría en valor este dato salientaba que ̈unha parte importante dos recursos propios procede do ingreso das licenzas ̈ apuntando o importante medre ̈de 2.000 a prácticamente 8.000 ̈durante o seu mandato sen contar as licenzas de día que roldan as 70.000

Sobre o apartado de infraestructuras si ben recoñece os avances producidos durante os últimos anos, amásase insatisfeito. Os novos módulos xa aprobados para Vigo e Ribeira complementarán a pista cuberta de Expourense que se xuntarán os xa existentes en Lugo, Ourense, sen esquecer a Pista cuberta de Riazor, o da Malata, (malia que neste caso sen homologar) e o orzamentado de Sada, o que nos achega a preto dos corente recintos cubertos ̈

Para o olímpico en Moscú-80 as condicións ambientais e demográficas marcan fondamente as nosas singularidades ̈A xeografía dispersa da nosa Comunidade obriga a dispor dunha instalación atlética en cada unha das comarcas galegas nas que existan clubs con actividade, sendo o ideal contar con espazos sintéticos e funcionais, a ser posibles cubertos, e en certos casos tamén homologados ̈ neste senso recoñoce e valora o esforzo do Goberno Galego en dotar de mellores infraestructuras ao atletismo galego

̈É un desafío para nós seguir traballando na procura de acadar infraestructuras naquelas comarcas que así o necesiten ̈. Sobre esa líña Isidoro remarca a necesidade de atopar solucións específicas sobre a problemática existente sobre tres importantes ciudades como son Vigo, A Coruña e Compostela

En materia de competencias de entidades tanto públicas como privadas, destaca e agradece ̈as enormes faciliades amosadas por Expourense así como o papel que xogan as Universidades na recente historia do noso deporte ̈ recoñocendo as grandes facilidades dadas por todas elas ainda que ̈chegan ata donde poden chegar e as necesidades do atletismo galego supera con creces as súas competencias (…) sendo por todo elo necesario unha reforma do actual sistema deportivo ̈ . Continuando co tema, pon en valor o ámbito municipal como mellor escenario para a defensa dos intereses atléticos sinalando que ̈Costa entender como Concellos con pistas municipais non son quen de atender estas importantes instalacións sobre todo cando existen clubs locais que están facendo unha importantisima tarefa de promoción ̈.

Con respecto ao gran avance que está a experimentar o atletismo como consecuencia da incorporación das novas tecnoloxías, apunta a que ̈apóstarase de maneira decidida pola súa incorporación como se viña facendo ̈, motivo este que levaría a Galicia a ser unha das pioneiras no seu emprego. Avances tales como a dotación de vídeo finish, foto finish, e a medición indirecta, xúntanse as xa existentes ̈Vimos de incorporar tanto vídeo marcadores, sistemas de transponderación (chips) e recentemente un sistema de streaming que garante unha transmisión en directo de todos nosos campionatos ̈ Con todo elo o compromiso é claro ̈A Federación seguirá apostando por incrementar a tecnoloxía precisa para proseguir a modernización do atletismo galego ̈

Sobre as novas modalidade atléticas emerxentes tanto en ruta como en trail destaca que se trata dunha ferramenta moi valiosa para afianzar os hábitos de vida saudables. Recoñece a día de hoxe o reto de ter máis presenza no Trail amosándose convencido que irá gañando en protagonismo.

Para rematar salienta que o atletismo galego goza de boa saude e que ̈no que vai de século xa contamos con 102 atletas galegos internacionais de todos os sectores, repartidos ao 50% entre homes e mulleres e que constata o gran equilibrio existente ̈ recoñocendo públicamente que ̈Gran parte de culpa de todo elo, son esas personas que adican gran parte do seu tempo a mellorar o atletismo galego, as cales quero expresar todo o meu recoñocemento ̈

Entrevista íntegra