Iria Campos e Alexandre Rodríguez manteñen o liderado do DepoDesafío tras a Carreira Nocturna de Vilagarcía

0
  • Iria Campos e Víctor González foron a gañadora e gañador da carreira a pe de 10 quilómetros que o pasado sábado acolleu a vila arousán

O «DepoDesafío 2019» atravesa o seu ecuador con Iria Campos e Alexandre Rodríguez como lideres da competición que este sábado celebrou en Vilagarcía de Arousa a súa terceira proba. Iria Campos, gañadora da carreira, comanda a clasificación xeral con 75 puntos de vantaxe sobre Cristina García. Pola súa banda, Alexandre Rodríguez aínda mantén 15 puntos de marxe respecto a Ramón Troncoso, que na vila do Salnés reduciu a diferenza coa que chegaba a esta terceira proba da competición provincial.

A carreira nocturna de 10 quilómetros de Vilagarcía rematou con vitorias da propia Iria Campos cun tempo de pouco máis que 34 minutos e, en categoría masculina, de Víctor González, que atravesou a liña de meta nun tempo de 29 minutos e 14 segundos.  Alexandre Rodríguez, o líder do “DepoDesafío” rematou a proba en decimocuarta posición, a 2 minutos e 48 segundos do primeiro clasificado. A seguinte parada do “Depo Desafío 2019” será en Cuntis, cun trail que celebrarase no mes de setembro. Por último, en outubro, Vigo acollerá o tríatlon que porá punto e final á segunda edición do programa da Deputación de Pontevedra. A gañadora e o gañador final da clasificación xeral do circuíto da institución provincial, para a que teñen que ter participado en 4 das 5 probas, recibirán como premio o dorsal para competir na Maratón de Berlín, con desprazamento e aloxamento incluídos.

O «Depo Desafío» é unha das actividades postas en marcha pola institución provincial para popularizar este tipo de probas deportivas á vez que se promove o destino turístico -razón pola que as probas se distribúan ao longo do territorio pontevedrés- e, do mesmo xeito, concienciar á poboación da urxencia de practicar deporte no medio natural dun xeito respectuoso, sustentable e responsable.

Nota de prensa de la Deputación de Pontevedra