Interesantes campionatos galegos os presenciados en Noia e Pontevedra esta fin de semana

0


As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron unha nova edición o sábado día 19, do Campionato de Galicia Sub20 individual e de Probas Combinadas

Por triunfos, salientamos a María Fernández do Riazor Coruña quen dominaba as probas da velocidade tanto nos 200 m. como nos 400 m. con 25.85 e 57.11 . Pola súa banda Paula de la Torre da Gimnástica facía o propio cos 400 m. e 800 m. subindo ao podio cuns cronos de 2:18.59 e 5:04.02

Nos homes foi Roi Martínez do Real Club Celta quen lograba as medallas de ouro en 100 m. con 11.05 e  200 m. con 22.67, así como os dous títulos para o lanzador da Atlética Lucense David Naya en disco e martelo con 25,96 e 19,59 m.

A maiores en canto a rexistros, salientamos a Irene Gómez do Valencia en martelo e a Paula Piñón do Celta en xavelina, quen malia lanzar  por debaixo dos seus rexistros, foron quen de chegar ata os 56,86 m. e 42.17 m.

A ¨proba de moda¨ do noso atletismo, os 400 m., tivo en Jorge Román Leiros do Celta ao seu protagonista con 49.03 ao igual que os 110 valos tivo en Hugo Vázquez do Marineda con 14.09

Interesante a proba dos obstáculos con Hugo Martín do Celta e Carmen Martínez de A Gándara correndoa en 10:04.23 e 11:46.66 respectivamente.  Laura Barbazán do Millaraio con 2456 puntos e Luis García do Ames Atletismo con 2967 puntos resultaron gañadores do concurso de combinadas

Para rematar novamente a marcha facía acto de presenza cos 25:16.71 de Alba Pérez do Negreira ao igual que os 11.73 m. de Ariadna Gil do Vila de Cangas en triplo, ainda que a catro centímetros da súa MMP.

Noia a capital do atletismo base

Noutro orden de cousas, o Concello de Noia acollía o domingo o Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 na que se deron cita un importante número de nenos e nenas achegados de todas as partes da nosa Comunidade e que irían pasando en dobre xornada polas pistas do Estadio San Lázaro.

O campionato, que discurría baixo estritas medida de seguridade, estaría marcado pola adversa climatoloxía quen non impediu disfrutar dunha gran cita onde motivación, deportividade e entusiasmo irían da man en todo momento.