Interesante fin de semana o vivido polos Sub16 e polos máster nos seus distintos campionatos que terían en Xixón e Logroño as súas sedes.

Para comezar e como xa adiantamos, os clubs dos Ourense Atletismo, Millaraio e A.V.A, desprazáronse para tomar parte o sábado no Campionato de España B1 por clubs Sub16.

No encontro heptagonal disputado xunto a equipos de asturianas, leonesas, vascas e navarras destacaron os triunfos por parte do Ourense Atletismo das súas atletas Carmen de la Fuente nos 300 valos con 49.29, Carolina Santos nos 1.500 obstáculos con 5:31.65, Blanca Pereira en Martelo con 45.65 e o cuarteto de relevistas dos 4×100 quenes se imporían con 53.11

O conxunto vigués do AVA acadaría o triunfo na proba dos 3.000 m. de mans da súa atleta Aldara Fonseca con 11:12.84, sendo o Millarario quen lograría a victoria no concurso de triplo a través de Alba Cuns quen saltaba ata os 11.82 m.

Por equipos o primeiro lugar desta fase B1 correspondería ó equipo do Universidade de León con 11.821 puntos sendo o cuarto lugar para o Ourense Atletismo con 11.142 p., quinto lugar para as santiaguesas do Millaraio con 10.560 p. e sexto posto para o A.V.A. con 9.816 p.

  • Destacado papel das e dos máster

O domingo a capital rioxana de Logroño daba acollida a proba correspondente ó Campionato de España máster de maratón con presencia de atletas galegos e galegas.

O máis salientable desta importante cita, sería o título de campión de España acadado por José Benito Gómez do Ourense Atletismo quen na categoría dos M60 establecería un rexistro de 2h.59.02 que representa o logro máis importante deste atleta logo da súa prata en Sevilla do 2016 e o bronce de Palma de Mallorca no 2017.

Si esto acontecía na categoría masculina, na feminina a independiente Inmaculada Cortón cun tempo oficial de 3h.20.19 subía por vez primeira a un podio nacional proclamándose campioa de España da categoría W45.

Outros dos atletas que estarían na zona de podios foi o tamén atleta independiente Carlos Lorenzo na M35 cun rexistro de 2h.32:43 quen lograba a medalla de bronce.

O resto de galegos e galegas participantes acadarían importantes e destacados postos de finalistas:

  • Máster 55: 4º Jose Jardón do Comesaña S.C. con 3h.20:54
  • Máster 45: 5º Ricardo Vázquez do ADAS Proinor con 2h.41.56
  • Máster 50: 5º Santiago Vázquez do Riazor Coruña con 2h.45.52
  • Master 55: José Manuel Fernández do Verxel Nutrición (abandona)

Resultados Campionato de España Sub16 por clubs

Resultados do Campionato de España máster de marathon

Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo