Importante triunfo do Victoria FC por 3-1 fronte ó Sardoma nun encontro que non só permitiu ó cadro ‘rojillo’ adicar a súa primeira victoria na casa no 2020 a súa afección, senon tamén recuperar ó terceiro posto na táboa da 1.ª Nacional Femenina ó aproveitar ó empate entre o Dépor B e o líder Viajes Interrías Fútbol Femenino (3-3).

O conxunto compostelán regresaba ó campo de Santa Isabel logo de disputar dous partidos seguidos a domicilio e amosou gañas e calidade nun partido moi duro e con moito ritmo.
O encontro comezaba con dominio local, o Victoria FC fíxose moi cedo co control do balón pero o Sárdoma non renunciaba a sair ó contraataque aproveitando calquera erro das santiaguesas. Non tardou Noela (Sánchez) en abrir ó marcador. A goleadora firmou ó 1-0 ó cuarto de hora tras regatear á gardarredes rival logo dun balón en largo que gañaba por velocidade ás centrais viguesas.

Tras unha primeira metade de dominio, todo parecía indicar que o conxunto que dirixe chivi Garcia lograría conservar a ventaxa ó descanso, pero unha perda de balón propiciou o empate do rival a falta dun minuto para o descanso. Irene Fernández non fallou e o 1-1 deixaba todo por decidir na segunda metade.

Tras o paso polos vestiarios o partido se iniciaba co Victoria FC apotando por un xogo moito máis ofensivo. Ánxela (Torres) pola banda dereita propiciou varias xogadas perigosas que as viguesas mandaban a saque de esquina ‘in extremis’, e foi a propia Ánxela quen soubo aproveitar un centro de Marta para rematar ó fondo da rede e poñer o 2-1 (min. 50) que colocaba ás ‘rojilla’ de novo por diante.

A pesares do marcador, o Sárdoma apretou coa sua defensa durante toda a segunda metade e gozou de varias ocasións para empatar. Sen embargo, o que sentenciou foi o conxunto compostelán. Nunha contra, Lau (Laura Mosquera) asegurou os tres puntos cunha gran definición ó marcar o 3-1 a falta de 4 minutos para o final.

Con este décimo triunfo da tempada, o Victoria FC empata co Dépor B na terceira posición á espera a próxima fin de semana de visitar a un CD Oceja 11.º na clasificación que loita por escapar da zona de perigo.

Nota de prensa del Victoria FC