Importante triunfo, no anímico e no deportivo, para o Victoria F.C. na súa visita ao Victoria C.F. herculino nun encontro moi disputado no que calquera puido gañar. O conxunto compostelán apelou á seguridade de contar baixo os tres paos cunha das mellores porteiras do campionato nacional ao tempo que soubo aproveitar a eficacia no remate dunha Noela en racha que abriu o marcador cun forte disparo dende a frontal antes do descanso (min. 36). O anfitrión non foi quen de frealo xogo directo do cadro ‘rojillo’ e viuse tamén obrigado a prescindir de dúas das súas xogadoras máis importantes, Laura Soto e Raisa, a primeira cunha brecha no ollo tras unha disputa do balón e a central por unha escordadura de nocelo ao intentar esquivar a súa porteira nunha saída polo esférico.

Xa coa tranquilidade do gol, o Victoria F.C. demostrou que aprendeu a lección de xornadas anteriores e non arriscou co balón ata que Marta, xa no minuto 90, sellou o 2-0 tras recoller un balón no medio do campo e sorprender cun disparo á meta local.

«As nosas tiveron un pouco máis o dominio do balón pero as ocasión máis claras foron delas», asume o técnico santiagués Chivi García que engade: «Carmen tivo que volver a aparecer en dúas xogadas moi claras para las locais antes de que chegase o noso gol». «Na segunda metade houbo ocasión nos dous lados do campo, pero soubemos non cometer os erros do último partido e xogar sempre lonxe da área de Carmen, sen arriscar e cun fútbol moito máis directo que nos primeiros 45 minutos», analiza o adestrador do Victoria F.C.. «Este 0-2 nun partido súper disputado danos confianza para intentar gañar a vindeira semana na casa ao Monte, segundo clasificado», aplaude.

O Victoria F.C. ascende con este triunfo ata o cuarto puesto da táboa na 1.ª Nacional feminina con 14 puntos mantendo a regularidade tanto en goles marcados (19) como encaixados (9) sendo cuarto en ambos ranquins da categoría.

O seu próximo rival será o CD Monte, segundo clasificado con 21 puntos despois de 7 triunfos e unha soa derrota (ante o Deportivo B por 1-0).

Nota de prensa del Victoria FC