Iago González Almuiña (2001, Lugo), é unha nova incorporación do VILALBA F.S. para a temporada 2017-2018.
O xogador lucense en idade xuvenil, actúa na posición de porteiro, formouse nas categorías do Azkar Lugo e do Lugo Sala. Ten un futuro prometedor e un referente na portería que é seu irmán Illi, que actualmente milita en «O Parrulo» Ferrol da Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala.
Iago xa debutou co Vilalba F.S. o pasado mércores 30 de agosto no amistoso contra o Cidade de Narón F.S. celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba e que rematou cun empate a catro goles.
[amazon_link asins=’B00LD057OU’ template=’ProductCarousel’ store=’1112-7946-5290′ marketplace=’ES’ link_id=’243f2ad7-9460-11e7-9a59-e71a77a194b4′]