Iago seguirá unha tempada máis defendendo a portería, cumprindo a quinta no clube. Para Freire, será a terceira como xogador do primeiro plantel, e intentará estar ao gran nivel acadado o ano pasado. O capitán Roi fará o oitavo ano no clube, e seguirá sendo un dos referentes en ataque do equipo. A directiva continúa traballando de cara ao comezo da preparación.
Estas tres renovacións súmanse ás anteriores de Jose López, Tucho, Paulo, Nuno e ás incorporacións de Rubén Mouriz e Asier.