Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular. O día 22 de febreiro de 2015 organiza unha novidosa proba de carácter lúdico – festivo – competitivo denominada I MIÑO RADIKAL.

 

É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. Os centros médicos concertados son: Centro Médico El Carmen e COSAGA.

 

1. DATA E LUGAR
O día 22 de febreiro de 2015 ás 11h con saída e meta no Parque da Ponte ó lado do río Miño.

2. PERCORRIDO

A proba disputarase a pé polas beiras do río Miño, un enclave de extraordinaria beleza paisaxística. Trátase dun percorrido circular entre a Ponte Vella e a Pasarela de Oira no que haberá varios obstáculos (neumáticos, telas de araña de cordas, tubos, paredes…) que obrigatoriamente hai que superar.
O circuíto mide 7 km aprox. (2 voltas de 3,5km) que hai que completar nun tempo máximo de 2 horas.

Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis onde haberá persoal especializado velando pola seguridade dos participantes. É obrigatorio seguir as súas indicacións.
O avituallamento estará situado no km 3,5 e na meta.

3. PARTICIPANTES
Esta carreira está reservada para todas as persoas maiores de 18 anos, cumpridos antes do día da proba, e que estean inscritos correctamente.
O sistema de saída será individual ou por tandas en función do número de participantes, que estará limitado a 400 persoas.
Os participantes poderán utilizar roupa deportiva ou mesmo disfraces. Recoméndase o uso de calzado deportivo, mallas largas e camisetas de manga larga.
Todos os atletas no momento da inscrición acreditarán a súa marca nunha proba de 10km en ruta para concretar o caixón de saída que lle corresponde. Esta información aparecerá no seu dorsal.
Deberán atender en todo momento as indicacións da Organización.

4. INSCRICIÓN
As inscricións realizaranse na páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

Prazo de inscrición

Recollida de chip/dorsal

do 27/01/2015 ao 17/02/2015

21/02/2015 recollida presencial no Pavillón dos Remedios de 10 a 20h

do 27/01/2015 ao 10/02/2015

18, 19, 20 e 21/02/2015 recollida anticipada no punto seleccionado

MiñoRadikal-2A cota de inscrición será de 5€ se tes chip en propiedade e 7€ con chip de aluguer. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe. Ó remate da carreira é imprescindible devolver o chip de aluguer.
As persoas que desexen adquirir o chip, para usalo en todas as carreiras controladas por ChampionChip, poderán facelo por un importe de 15€.

A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.

É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos

automatizados. Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.

Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes do evento.

É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal á vista na espalda para evitar o seu deterioro nas zonas de reptación.

 

5. CLASIFICACIÓN E PREMIOS

Haberá 2 modalidades:
Clasificación Xeral Individual por tempo neto: masculina e feminina.

1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.

2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 150€ en material deportivo.

3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.

Clasificación Equipos Mixtos: grupos de 4 integrantes nos que haxa representación de ambos sexos. Sumaranse os tempos netos dos 4 integrantes e gañará o que menos tempo total sume.

Trofeos ó 1º, 2º e 3º
Un corredor non poderá inscribirse en máis dun equipo.

Os integrantes dos equipos tamén optan á Clasificación Xeral Individual.
A entrega de trofeos terá lugar no Parque da Ponte ás 13.30h, en función de criterios organizativos.
Todos os trofeos que non se recollan o día da proba estarán a disposición dos corredores na sede do organizador ata 8 días despois da celebración de Miño Radikal. A partir desa data enténdese que se renuncia a eles.

 

application-pdf

 Folleto I Miño Radikal

Divírtete e proba o teu límite!