Hugo Rodríguez «Chimpo», un ano máis no Balonmán Xiria

0
Chimpo cóntanos que: «estou moi contento de ter a oportunidade de seguir axudando ao clube en todo o que poida, máis ao equipo para acadar o obxectivo que, algunha vez, tivemos tan preto. Foi unha pena que a pasada tempada rematara de golpe cando o equipo estaba no seu mellor momento».
Recoñece que: «Estou contento de que manteñamos practicamente o mesmo bloque da pasada tempada, pois é importante para seguir crecendo como equipo e de seguro que as incorporacións van a axudar moitísimo».
Ademáis mostrase: «Agradecido de que confíen en min un ano máis. Teño moitas ganas de comezar a adestrar e de facer vibrar á afección que xa se bota de menos. FORZA XIRIA!» .