Gran vitoria a conseguida polo Pabellón este fin de semana contra o Balonman U.B Lavadores no último partido de Copa, pese a que non serviu para clasificarse para a fase final.

Dende o inicio de partido, o equipo verde marcou a diferenza cunha gran defensa que permitía que os extremos puidesen correr e conseguir goles fáciles de contraataque.
En ataque,os pabellonistas cunha moi boa actuación global de todos os xogadores deleitaron aos siareiros cun bo espectáculo, donde puderon debutar os xuvenis Carballo e Salva, aportando un gol cada un a ese 38-19 que reflexaba ao final do encontro nos remedios.
Para a semana dará comezo a liga regular visitando a difícil cancha da Bombonera, en Redondela, no que o equipo que dirixe Victor Novoa chega cunhas moi boas sensacións.