A competición sénior terá lugar o sábado, mentres que o domingo se celebrará o torneo júnior.

Galicia contará cunha nutrida representación na 13ª edición do Open de París, que se celebrará esta fin de semana coa participación de máis de 700 deportistas das categorías sénior e júnior (443 sénior e 285 júnior).

En total son 26 os deportistas galegos que están inscritos neste Open, da categoría G-1, no que tentarán facer un bo papel, sumar puntos para o ranking mundial e gañar en experiencia internacional. Nesta oportunidade as e os deportistas viaxan cos seus clubs. Entre os taekwondistas que viaxan a París podemos destacar a José Fernández, Pilar Rodríguez, Miryam García, Sabela López, Manuel Parada ou David Ansede, na categoría sénior. Entre os júniors, Elena Pérez, Giovanni Imparato, Alejandro Paz, Ana Dosil, Alma Pérez ou Pablo Patiño, entre outros.

A competición sénior celebrarase o sábado 18, mentres que o domingo será o momento dos júnior.

 

Ano 2016.

O pasado ano houbo un total de nove medallas (1 sénior e 8 júnior). José Fernández acadou o bronce na categoría sénior e ademais houbo unha gran colleita por parte dos júnior: tres ouros (Arlet Ortiz, Zaira Vázquez e Pilar Rodríguez), catro pratas (Alma Pérez, Elena Pérez, Alba Vidal e Tania Castiñeira) e un bronce (Brais Iglesias).

 

Comentarios

Maxithlon